ACT TV 2016

ESPECIAL

22 Xu˜ 2016

A Torre Sevilla, escaparate da Coroa CaixaBank

A Torre Sevilla, escaparate da Coroa CaixaBank

O primeiro rañaceos da cidade hispalense citou a patróns e directivos das mellores traiñeiras do momento para faceren a foto oficial da Liga San Miguel

Os patróns e directivos da Liga San Miguel reuníronse o pasado 18 de xuño co gallo da Coroa CaixaBank con unhas vistas e un marco incomparábel. A Torre Sevilla, acolleu aos patróns e directivos das embarcacións que fan parte da liga nas alturas.

A este encontro achegáronse Kepa Badiola, Director Territorial do País Vasco e Cantabria de CaixaBank, e Pedro Andueza, presidente da ACT, que acompañados de Juanjo Ortiz, Director de Patrocinios e Comunicación de CaixaBank no País Vasco e Cantabria, presidiron o acto. Xuntos, observaron dende o ceo a beleza de Sevilla na súa totalidade e contemplaron á perfección o campo de regatas onde desputarían a IV Bandeira Euskadi Basque Country.

Tanto patróns como directivos estaban sorprendidos da magnitude da Torre e do contorno, é por iso que, aproveitaron as vistas para inmortalizaren o momento coa foto oficial da nova edición da Liga San Miguel. Para pechar a visita á Torre de Sevilla, todos os asistentes ao acto remataron tomando un refrixerio xuntos como previa á competición.  

Voltar