ACT TV 2017

02 Ago 2017

A tempada vista dende a metade da táboa

A tempada vista dende a metade da táboa

Os clubs posicionados na metade da clasificación xeral da Eusko Label Liga dan a súa opinión das xornadas desputadas até o de agora

Nesta segunda entrega de valoracións, son os clubs posicionados na metade da táboa quen colleron a palabra. Estes postos medios da clasificación están a ser moi competidos, e as posicións están moi axustadas. No sexto, sétimo e oitavo posto, con unha marxe de tres puntos, están, respectivamente, Tirán Pereira (56), San Juan Sumelec (56) e Ondarroa Cikautxo (53). Na quinta posición, con 12 puntos de vantaxe frente ao ‘Mar do Con’ e a ‘Erreka’, está Zierbena Bahías Bizkaia.

Ondarroa Cikautxo, un dos debutantes desta tempada, está a ser unha das revelacións da tempada. Ten chegado a estar até na sexta posición, os biscaínos están agora mesmo a loitaren na oitava posición. Empatados, e con tres puntos de vantaxe frente os de Jon Iriondo, están Tirán Pereira e San Juan Sumelec. Ambas tripulacións non están a ser moi constantes e regulares, así e todo, manteñen posicións moi desexadas na loita pola Coroa CaixaBank. No quinto posto, con 68 puntos, están os ‘galipo’. Este ano, está a ser o seu ano, xa que obtiveron a primeira bandeira da historia na Eusko Label Liga. Foi na regata de Ares onde logrou ese primeiro posto. O domingo loitou na casa, e tamén fixo unha regata impresionante. Conseguiu facer un tempo moi bo, e case logra levar a bandeira.

Esta é a perspectiva que teñen os protagonistas da Eusko Label Liga: 

Voltar