Novas 2020

ESPECIAL

26 Xu˜ 2020

A tempada de remo xa está aquí

A tempada de remo xa está aquí

Representantes da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren reuniuse hoxe no Auditorio do Aquarium de Donostia para daren a benvida á nova tempada de remo

Esta mañá tivo lugar o acto de comezo de tempada das Ligas Eusko Label e Euskotren 2020. Co inicio de tempada diante, patrocinadores, clubs e medios de comunicación reuníronse no Auditorio do Aquarium de Donostia para daren a benvida a un novo verán de remo en augas do Cantábrico e Atlántico.

Jon Salsamendi, en representación da traiñeira de Orio Arraun Elkartea, recibiu de mans de Itziar Egaña, Directora da Área de Negocios de CaixaBank en Donostialdea, a réplica da Coroa CaixaBank. Pola súa banda, Arantxa Tapia, Conselleira de Desenvolvemento Económico e Infraestructuras do Goberno Vasco fixo entrega da réplica do Trofeo Euskotren a Nadeth Agirre, patroa das ‘aguiluchas’.

Os dous representantes de Orio Arraun Elkartea recibiron tamén os novos maillotes de líder creados por Negua, que os acreditarán como vixentes campións na primeira xornada da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren o vindeiro sábado en augas da Coruña.

O sorteo de quendas realizado para a primeira xornada da competición masculina decidiu que CR Ares, Donostiarra, Ondarroa Cikautxo e Orio Arraun Elkartea remarán na primeira quenda da IV Bandeira Cidade da Coruña. Pola súa parte, Lekittarra Eleknor, Santurtzi Transportes y Gruas Aguado, Cabo, e Zarautz Babyauto mediranse na segunda quenda. E por último, GO fit Hondarribia, Kaiku VUSA, Bermeo Urdaibai Avia, e Zierbena Bahías de Bizkaia serán os encargados de pecharen a xornada na terceira e última quenda.

Logo de coñecer en que quenda comezará a tempada cada club, apenas resta agardar a que chegue o próximo fin de semana para dar comezo, unha vez máis, cara un trepidante verán onde a Liga Eusko Label e a Liga Euskotren voltarán dar un grandísimo espectáculo na auga.

Voltar