ACT TV 2020

ESPECIAL

06 Ago 2020

A remar na foz do Bidasoa

A remar na foz do Bidasoa

Analizamos o campo de regatas da Hondarribiko XXXIII. Bandera – Mapfre Sari Nagusia con Iker Cortés

Este sábado a Liga Eusko Label e a Liga Euskotren chegarán ás augas de Hondarribia para retomaren o pulso á competición da man da Hondarribiko XXXIII. Bandera – Mapfre Sari Nagusia e da XII. Txingudiko Bandera - Mapfre Sari Nagusia. O campo de regatas para esta xornada é abondo coñecido por todos, xa que é un dos encontros fixos no calendario de ambas as dúas ligas, mais quen coñece mellor os segredos da foz do río Bidasoa do que o adestrador de Hondarribia Bertako Igogailuak, Iker Cortés?

O sestaoarra cóntanos os segretos deste campo de regatas que protagonizará o sábado unha nova loita pola Coroa CaixaBank e o Trofeo Euskotren.

Voltar