Novas

COMPETICION

30 Xul 2021

A Ría do Nervión, protagonista da fin de semana

A Ría do Nervión, protagonista da fin de semana A Ría do Nervión, protagonista da fin de semana

XII. e III. Bandeira de Bilbao – Bilboko Bandera e Santurtziko XLII. Ikurriña serán as xornadas que se desputarán esta fin de semana

Bilbao e Santurtzi serán os escenarios desta fin de semana tanto para a Liga Eusko Label como para a Liga Euskotren. En ambos casos, o campo de regatas está inserido na Ría do Nervión, tanto polo seu paso pola capital biscaína, como na súa desembocadura en Santurtzi. Ademais, as dúas regatas que se desputen nesta fin de semana serán especiais, xa que ningunha se desputará no seu formato habitual. No caso de Bilbao, desputarase en formato de contra o reloxo, mentres que en Santurtzi, haberá doce ceavogas no campo de regatas. 

A primeira regata da fin de semana desputarase en Bilbao en formato de contra o reloxo, onde os equipos sairán en orde inversa á clasificación xeral. A xornada da Liga Euskotren comezará ás 17:55 horas coa saída de Hondarribia Bertako Igogailuak, e posteriormente o resto dos equipos sairán cunha diferenza dun minuto entre cada traiñeira. Así, completarán o percorrido sobre a Ría do Nervión. Posteriormente, será a vez das traiñeiras masculinas, que sairán en tres quendas de catro traiñeiras, realizando o mesmo percorrido que as traiñeiras femininas en dúas ocasións. As tripulacións pasarán por lugares emblemáticos da cidade, comezando pola casa do Concello até Deustu, pasando pola ponte Zubizuri e o Museo Guggenheim Bilbao, entre outros.

Especial regata de Santurtzi
O domingo, o campo de regatas tamén será especial. No caso das tripulacións da Liga Euskotren, terán que realizar catro longos e tres ceavogas, uns metros máis do habitual, mentres que no caso da Liga Eusko Label os catro longos non contarán coa mesma distancia. 

Tanto a competición masculina como a feminina, comezarán nas balizas colocadas frente as Piscinas de Portugalete e remarán en dirección á Benedicta, onde atoparán as ceavogas (situadas nos remolcadores de Portugalete). Esa distancia (832,03 metros) percorrerana até catro veces no caso das mulleres, completando así unha distancia total de 3328,12, frente os 2.778 metros habituais.

No caso da regata masculina, tras vogaren os 832 metros cara as balizas situadas nos remolcadores de Portugalete, dirixiranse cara as balizas exteriores situadas na zona do ABRA do porto interior de Santurtzi (1.945,97 metros). Ao voltar de novo cara a zona dos remolcadores para daren a derradeira ceavoga (1.945,97 metros), as embarcacións enfiarán o último longo para chegaren á meta nas balizas situadas no mesmo lugar onde fixeron a saída (832,03 metros), completando os 5557 metros habituais.

No caso da regata masculina, as quendas formaranse en base á Clasificación da última xornada, isto é, a XII. Bilboko Bandera – Bandeira de Bilbao 

Zierbena presente esta fin de semana
Tras a súa ausencia nas dúas regatas da fin de semana anterior, e logo das probas realizadas ao longo da semana aos demais integrantes do plantel de Zierbena Bahías de Bizkaia, contan co permiso para poderen competir esta fin de semana, a excepción dos dous remeiros que deron positivo por COVID-19. Os dous seguen confinados, mentres que o resto xa contan co permiso para poder adestraren e competiren tras daren negativo nas probas realizadas.

Da organización solicítase que se manteñan todas as medidas de seguridade sanitaria e faise un chamamento ao público para que siga a regata nas diferentes plataformas de EiTB (Televisión, web e radios), así como na APP ou nas Redes Sociais da competición. 
 

Voltar