ACT TV 2017

ESPECIAL

03 Mai 2017

A quenda de honra, territorio natural de Kaiku Producha

A quenda de honra, territorio natural de Kaiku Producha

José Luis Cruces “Garru”, adestrador do club de Sestao, afronta o novo proxecto da ‘Bizkaitarra’

Máis unha semana chega a hora de coñecer as novidades para esta tempada de outro dos equipos da Eusko Label Liga, desta vez da man de José Luis Cruces “Garru”, adestrador de Kaiku Producha. O club de Sestao mergulla nun novo proxecto liderado polo cántabro, no que se pretende dar máis importancia á canteira. Nove foron as mudanzas a respecto do plantel da tempada pasada e por iso “Garru” destinou unha grande parte da pretempada a criar unha boa base para que o equipo chegue en plenas condicións ao verán.

Ao preparador da ‘Bizkaitarra’ gustaríalle ver o seu equipo “na quenda de honra desputando as bandeiras” cada fin de semana, aínda que recoñece que o abano de equipos que aspira a esas posicións é bastante grande. “Garru” salienta “a tenacidade e a loita” do seu equipo como punto forte que lles axudará a conseguir os seus obxectivos no verán.

Voltar