Novas 2014

ESPECIAL

10 Xu˜ 2014

A nova revista Boga xa navega

A nova revista Boga xa navega

A nova edición desta guía da Liga San Miguel e a Liga Euskotren chega con numerosas novidades

A revista Boga desta tempada xa é unha realidade e este ano as 96 páxinas que a compoñen veñen con máis novidades que nunca. Como vén sendo habitual, desde esta poderanse consultar cada un dos remeiros e remeiras que participarán tanto na Liga San Miguel como na Liga Euskotren, ademais do calendario das 19 regatas no que se detalla cada un dos puntos de interese de cadansúa localidade das que se trasladará a competición.

Pero co fin de que a información sexa o máis completa posíbel, este ano optouse por incluír máis datos de interese. Un exemplo disto son as redes sociais de cada club, as cores do 'platanito' de cada equipo ou unha pequena sección denominada ‘en catro paladas’ nas que se enumeran alguns dos datos máis significativos de cada conxunto da Liga San Miguel. Xunto con isto tamén se incluíu unha páxina dedica aos xuíces de cada regata, para que todos os afeccionado saiban quen son os encargados de arbitrar cada unha das probas.

No apartado das páxinas de opinión, ao xa habitual editorial do presidente da ACT, Pedro Andueza –páxina que este ano vén baixo o título de 'Un abanico de candidatos'-, únense tres opinións de luxo. A da xornalista de Onda Vasca, Imanol Arruti, e a súa 'Coa tradición por Bandeira' na que  fala dos sentimentos que priman no mundo do remo; a visión de José Luis Artús, xornalista de Mundo Deportivo Barcelona e un dos responsábeis de seguir a información do Barça para este medio catalán, na que explica a experiencia vivida na súa ‘estrea’ no mundo do remo; ou a do alcalde de Getxo, Imanol Landa, explicando o peso capital que tivo o remo no nomeamento da localidade viscaína como Cidade Europea do Deporte.

Así con todo, os 30.000 exemplares desta guía Boga repartiranse de xeito gratuíto en todas as regatas e, ademais, tendes a oportunidade de a disfrutar de maneira online a través da nosa páxina web. 

Voltar