Novas 2021

ASOCIACION

25 Mai 2021

A nova pel do líder 2021

A nova pel do líder 2021 A nova pel do líder 2021

Negua, Official Partner da ACT, deseña e confecciona os maillotes e platanitos dos líderes da Liga Eusko Label, Liga Euskotren, Mellor Patrón CaixaBank e Mellor Patroa. 

Volta a competición e canda ela, o momento máis agardado por todos os remeiros e remeiras: coñecer a ansiada prenda que reinará no máis alto das clasificacións da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren 2021. 
 
O conforto das prendas que confeccionou Negua é debido ao material e patróns utilizados. É un tecido suave, pero extremadamente resistente e flexíbel, que en combinación co innovador patrón, fai que se axuste perfectamente ao corpo e manteña as propiedades estabeis no tempo. Ademais, ten protección ultravioleta frente os raios do sol.
 
Priorizouse ante todo, a comodidade do remeiro e remeira, con costuras con funcións específicas e adaptadas ao movemento do remo profesional.
 
O deseño da prenda está inspirado nas pas de remo. Para lles dar maior percorrido, simuláronse as ondas cando rompen e se van fundindo no mar. Por iso hai unha progresión das cores sobre as prendas de menos a máis.
 
Maillote do líder da Liga Eusko Label 
As cores características da Eusko Label voltan tinxir a peza de roupa. Este platanito vísteo o patrón da traiñeira líder da clasificación en cada unha das xornadas. 
 
Maillote Mellor Patrón CaixaBank 
Unha cor clásica dentro das clasificacións de Mellor Patrón CaixaBank, facendo honra ao patrocinador deste premio. Cada xornada, tras a avaliación cun sistema de puntos, o líder desta clasificación viste este desexado maillote. É un premio individual, polo que cada patrón ten unha puntuación concreta. 

Voltar