Novas 2014

COMPETICION

11 Xul 2014

A máxima competición, volta ao Cantábrico

A máxima competición, volta ao Cantábrico

Mañá disputarase a IX Bandeira Marina de Cudeyo - GP Dynasol, e no domingo será o turno da III Bandeira Eusko Label 

Este fin de semana chega a Liga San Miguel a augas do Cantábrico coa disputa da IX Bandera Marina de Cudeyo - Gran Premio Dynasol o sábado, e a III Bandera Eusko Label no domingo. A primeira delas terá lugar en Pedreña, a partir das 17.00 horas, regata correspondente á cuarta xornada da Liga San Miguel. O campo de regateo desta xornada terá un percorrido de tres millas náuticas divididas en catro longos e tres ceavogas, coas balizas interiores situadas á altura do peirao de Pedreña. Previa a esta regata da Liga San Miguel, a partir das 16.30 horas, a Liga Euskotren abrirá a súa tempada coa Bandera Marina de Cudeyo, nunah contra o reloxo dunha milla e media con dous longos e unha ceavoga. Esta proba será puntuábel e servirá para decidir, xa o domingo, quen remarán xunto a Zumaia nesta tempada da Liga Euskotren.

Os 12 clubs que pugnan pola 'Coroa la Caixa' dividiranse en tres quendas compostas en base á clasificación da Liga San Miguel. Así, Urdaibai Avia, Pedreña, San Pedro Ecolmare e Portugalete Eulen remarán na primeira quenda, mentres que Astillero, Cabo, Zierbena Bahías de Bizkaia e San Juan Iberdrola farano na segunda. Os encargados de vogar na quenda de honra serán Tirán Pereira, Kaiku Ambilamp, Hondarribia Orsa e Orio Babyauto.

Por outro banda, no domingo ás 12.00 horas, porase en xogo a III Bandera Eusko Label na que primeiro se dará saída á regata feminina, sabéndose o domingo que equipos ocuparán as tres prazas vacantes para a actual tempada da Liga Euskotren. Unha vez máis, os clubs femininos mediranse nunha contra o reloxo dunha milla e media con dous longos e unha ceavoga. Unha vez rematada a regata feminina dará comezo a III Bandera Eusko Label, correspondente á quinta xornada da Liga San Miguel. Nela, os remeiros terán que afrontar un percorrido de tres millas nas que farán frente a catro longos e tres ceavogas nun campo de regateo onde as balizas interiores están situadas frente a Cruz Vermella, xusto na entrada da baía da Concha donostiarra. As quendas desta regata confeccionaranse seguindo a clasificación do día anterior en Pedreña, polo que se saberán unha vez rematada a xornada do sábado.

Voltar