Novas 2010

COMPETICION

25 Ago 2010

A MIROTZA CHAMA POLA MAREA AMARELA PARA PROCURAR RECUPERAR O LIDERADO DA LIGA SAN MIGUEL

Urdaibai sabe que lle pode arriar un golpe importante aos oriotarras se vencen na súa regata; loita espectacular tamén entre San Pedro, Hondarribia e Kaiku

Urdaibai Umpro Avia puxo en apuros o reinado de Orio Amenabar. Os guipuscoanos comandaron a Liga san Miguel durante 13 xornadas, pero os azuis de Bermeo botaronlle un pulso aos aguiluchos, conquistando a posición de líder despois das regatas celebradas en Astillero e Hondarribia. Dúas bandeiras consecutivas para a Bou Bizkaia, liderado, auto estima, e nerviosismo nos adversarios.

As dúas candidatas chegan ao penúltimo fin de semana da competición empatadas a puntos, cadanseus 143. Por isto, os da Mirotza chaman pola marea amarela, os bravos afeccionados da súa vila natal, para que este sábado os leven polo aire cara a XX. ORIOKO ESTROPADAK - XIII. IKURRINA INMOBILIARIO ORIO, para volver recuperar o liderado, e a moral para as tres últimas regatas. Hai moito en xogo, porque a loita para conseguir a Corona Caja Madrid implica apostar o todo polo todo.

A regata é a 15. puntuábel da Liga San Miguel. Disputarase este sábado en mar aberto en Orio, e comezará ás 16h30. As embarcacións tenán que cubrir unha distancia de 5.556 metros, catro longos e tres ceavogas. Organizan a regata o Concello de Orio, e o Club de Remo de Orio, e está patrocinada por Inmobiliaria Orio. Este mediodía celebrouse a presentación da bandeira no Concello de Orio, e a ela asistiron o Tenente de Alcalde Primeiro de Orio, Sra. Noemi Ostolaza, o vicepresidente do club, Sr. Joserra Garate, o representante do patrocinador Inmobiliarioa Orio, Sr. José Luis Aiestarán, e o Concelleiro de Deportes de Orio, Don Bixente Lasa. Repartiranse 25.000 euros en premios, e as quendas configuraranse en base á clasificación xeral da Liga San Miguel. As clasificadas entre a 9ª e 12ª posición partirán na primeira quenda, e así sucesivamente.

A Liga San Miguel é moito máis que a loita entre dúas traíñas, e a regata de Orio ten moitos alicientes. Por exemplo a pechada loita que seguen mantendo os tres clubs cántabros. Naturhouse Castro está a se pór a ton, e adiantando aos veciños de Pedreña e Astillero. Atención especial tamén á loita pola 8ª posición da clasificación. San Pedro Ecolmare avantaxa a Hondarribia Orsa en catro puntos, e en 5 a Kaiku Ambilamp. A persiana das oito mellores pecharase esta fin de semana. En Orio o sábado e en Castro o domingo. 24 puntos en xogo, e tres embarcacións na procura dun só posto.

Voltar