Novas 2010

COMPETICION

11 Ago 2010

A MELLOR LIGA DE REMO VOLVE Á ESCENA COA MELLOR REGATA DO CANTÁBRICO: A IKURRIÑA DE ZARAUTZ

A MELLOR LIGA DE REMO VOLVE Á ESCENA COA MELLOR REGATA DO CANTÁBRICO: A IKURRIÑA DE ZARAUTZ

Todo está en xogo na dobre cita da localidade guipuscoana: o campión, a pechada loita pola 4ª posición, ou o precipicio que avista quen está fóra das oito mellores

Dúas semanas interminábeis. Os días sen a mellor competición da mellor liga de remo do Cantábrico rematan. Houbo outras competicións, pero ningunha á altura da Liga San Miguel, ninguna co nivel competitivo e organizativo da Champions League do remo, a mellor entre as mellores. E que mellor que facezo coa mellor regata de toda a tempada, aquela que máis premios outorga en metálico nunha soa fin de semana, en dúas regatas: 60.000 euros. Zarautz é un clásico, e celebra xa a súa XXXIII edición. A sociedade Cachi Bachi foi o lugar escollido polo Concello para presentar a Ikurriña de Zarautz, unha cita presidida porlo seu alcalde, Sr. Jon Urien, o presidente de Zarautz AE, Sr. Antton Illarramendi e o xerente da ACT, Sr. Iñaki Mikeo.

Serán a undécima e duodécima regatas puntuábeis da Liga San Miguel. A cita do sábado 14 é ás 18h00 e a do domingo, ao mediodía. A regata está organizada pola Oficina de Turismo de Zarautz e Zarautz Arraun Elkatea, e patrocinada polo Concello da fermosa localidade costeira. Zarautz é moito máis ca unha regata. É unha encrucillada onde o éxito brilla máis que en calquera outro lugar, onde o fracaso deportivo doe máis que en ningún outro lugar.

Así será tamén este ano, nunha liga máis igualada ca nunca. Unha Liga na que ninguén sabe que vai pasar. Quen vai levar a bandeira, quen bogará na Quenda de Honra. Consecuencia directa do equilibrio competicional, filosofía deportiva pola que os clubs da Liga San Miguel levan loitando nos últimos 8 anos. Unha filosofía que fomenta a emoción, que evita que a balanza deportiva se decida únicamente en base ao poder económico. Filosofía que se comprende a través do cupo dos remeiros propios, que obriga os clubs a utilizar en cada regata a sete remeiros propios. En definitiva, filosofía que fomenta o traballo de canteira, e que trae consigo unha liga emocionante a máis non poder. É imposíbel acertar unha quiniela, e é imposíbel que os afeccionados se desenganchen dunha competición, na que fin de semana sí e a seguinte tamén, as mellores compiten nunha escasa marxe de segundos.

A Corona Caja Madrid é exemplo de esa pechada loita. Orio Amenabar e Urdaibai Umpro Avia están nun puño, e os puntos de Zarautz poden decidir moitas cosas. Dous puntos separan actualmente a embarcación guipuscoana, líder da Liga, da viscaína. Loita sen cuartel, entre a sorpresa da tempada, os galegos de Tirán, e o trío cántabro. Tirán Pereira ostenta a 4ª posición, a última da quenda de honra, pero sinte perto o alento de Pedreña, Naturhouse Castro e Astillero. Pedreña está a un só punto de Tirán, Castro a cinco, e Astillero a 7 puntos. Zarautz pode mudar o decorado significativamente.

Cita emocionante á súa vez para as clasificadas nos postos 9º e 10º, Hondarribia Orsa e Kaiku Ambilamp. As dúas embarcacións verdes queren conquistar sexa como sexa a 8ª posición, a última que asegura a participación nas dúas últimas regatas da tempada. As dúas finais, pero das máis importantes: Bermeo e El Corte Inglés. San Pedro Ecolmare quítalles unha vantaxe a ambas as dúas embarcacións en 10 puntos, e a día de hoxe, ten unha boa diferenza con respecto ás súas rivais.

O reparto de puntos será independente en cada regata. Repartiranse os preceptivos 78 puntos en cada proba, sábado e domingo, pero o gañador da bandeira decidirase en base á suma dos tempos das dúas xornadas. A distancia a cubrir será a habitual: 5.556 metros, catro longos e tres ceavogas.

Tamén, destacar que a Liga Euskotren disputará as súas dúas derradeiras regatas en Zarautz. Dobre cita, como na competición masculina. Ás 17h35 o sábado, e ás 11h35 o domingo. Igualdade máxima tamén entre as féminas, sobre todo entre Galiza e Gipuzkoa. Os dous clubs están empatados a 21 puntos, e prevese unha grande loita entre ambas as dúas.

Voltar