Novas 2015

COMPETICION

11 Mai 2015

A loita polo trono da Liga Euskotren

A loita polo trono da Liga Euskotren

sete embarcacións competirán canda San Juan Iberdrola durante o verán por se convertiren en campioas da Liga Euskotren 2015

Un ano máis a Liga Euskotren sumarase á Liga San Miguel para seguir dando emoción ao verán a través dos seus oito encontros, nos que se competirá por conseguir o trofeo que as acreditará como campioas da Liga Euskotren 2015. Este ano, Cabo, Donosti Arraun Laguna, Hernani Iparragirre Sagardotegia, Hibaika Jamones Ancín, Orio Babyauto, Zarautz-Getaria e Zumaia Salegi Jatetxea Itziar loitarán por unha das tres prazas que darán dereito a competir canda a actual campioa da categoría, San Juan Iberdrola, por conseguir coroarse na tempada estival.

O primeiro encontro onde estes equipos poderán verse as caras será o 11 de xullo en Pasaia San Pedro, na primeira xornada de clasificación para a Liga Euskotren 2015. Ao día seguinte, as embarcacións volverán competir, desta vez, na baía da Concha, en San Sebastián. Destes dous encontros sairán as tres tripulacións que competirán no resto das regatas da tempada. O 18 e 19 de xullo a competición chegará a Orio e Portugalete xa apenas coas catro clasificadas. Noja e Getxo acollerán as vindeiras xornadas do verán o 25 e 26 de xullo. Con agosto tamén chegarán as dúas derradeiras regatas da competición que terán lugar na dobre xornada de Zarautz, onde se coroará a campioa desta edición da Liga Euskotren.

Voltar