Novas 2015

ESPECIAL

01 Xu˜ 2015

A loita polo ascenso á Liga San Miguel

A loita polo ascenso á Liga San Miguel

As xornadas de ascenso á Liga San Miguel terán lugar o 19 e 20 de setembro en Bermeo e Portugalete, respectivamente

Coa tempada a piques de comezar, son varios os clubs que formalizaron a súa petición para poder participar no fin da tempada nas dúas xornadas de playoff, onde loitarán polas dúas prazas que darán dereito a remar na máxima categoría. Estes encontros de playoff, como vén sendo habitual, coincidirán coas dúas últimas xornadas da Liga San Miguel onde se porán en xogo a Bermeo Hiriko XXXIII. Bandeira o sábado 19 de setembro e o XLV Gran Premio – XLI Bandeira El Corte Inglés o domingo 20 de setembro.


Oito foron os clubs que presentaron a documentación requerida e, polo tanto, poderán participar nesta fase de ascenso. Sempre e cando, iso sí, logren clasificárense entre os dous primeiros da clasificación xeral da ARC. Os aspirantes, polo tanto, serán Donostiarra, Getaria, Ondarroa, Isuntza, Deustu, Zumaia, Sotera e Pedreña

Voltar