Novas

ESPECIAL

07 Ago 2020

A liga volta á escena

A liga volta á escena A liga volta á escena

Hondarribia e Ondarroa acollen esta fin de semana o retorno da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren despois do paro

Despois de ter sido desputado o Campionato de España de Traiñeiras, a Liga Eusko Label e a Liga Euskotren voltan á escena para desputaren o que resta de ambas ligas. Na loita pola Coroa Caixabank aínda hai por diante 10 xornadas, máis da metade. Pola súa banda, a competición feminina dirá adeus na seguinte fin de semana en Zarautz, onde se coroará ás campioas da Liga Euskotren.

O sábado, a partir das 17:40 horas desputarase a novena xornada da competición masculina e feminina, onde se porán en xogo a Hondarribiko XXXIII. Bandera – Mapfre Sari Nagusia e a XII. Txingudiko Bandera – Mapfre Sari Nagusia. As embarcacións femininas completarán un percorrido dunha milla náutica e media (2.778 metros), con dous longos e unha ceavoga, e as masculinas competirán sobre unha distancia de tres millas náuticas (5.556 metros), con catro longos e tres ceavogas. Os 12 clubs da Liga Eusko Label distribuiranse en tres quendas en base á clasificación xeral da competición. Polo tanto, na primeira quenda teremos a Kaiku Vusa, Zarautz Babyauto, Ondarroa Cikautxo e CR Ares. Na segunda quenda remarán Lekittarra Elecnor, Cabo, Zierbena Bahías de Bizkaia e GO fit Hondarribia. Por último, na quenda de honra, estarán Orio Arraunketa Elkartea, Donostiarra Amenabar, Santurtzi Transportes y Grúas Aguado e Bermeo Urdaibai Avia.

Orio Arraunketa Elkartea foi quen levou a vitoria o ano pasado en augas de Hondarribia tanto na categoría feminina (10’57”68), como na masculina (20’12”36). No que ser refire a récords do campo de regatas, San Juan (2018 – 10’52”80) e Bermeo Urdaibai Avia (2008 – 19’21”89) son quen ostentan os mellores tempos nas augas do Bidasoa.

O domingo, ambas competicións trasladaranse a Ondarroa para desputaren a súa décima xornada, que porá en xogo a XXXVI. e III. Ondarroako Bandera – Cikautxo Sari Nagusia. As embarcacións da Liga Euskotren completarán un percorrido dunha milla náutica e media (2.778 metros), con dous longos e unha ceavoga, e as masculinas competirán sobre unha distancia de tres millas náuticas (5.556 metros), con catro longos e tres ceavogas sobre as augas de Ondarroa. As tres quendas masculinas estarán distribuidas en base ao resultado final da xornada do sábado.

Na tempada pasada, as vitorias en Ondarroa foron a parar ás mans de Orio Babyauto (11’03”30) na Liga Euskotren, e de GO fit Hondarribia (19’52”92) na categoría masculina. Pola súa banda, o récord do campo de regatas é para Donostia Arraun Lagunak (2018 – 10’56”27) e Getaria (2007 – 19’17”79).

Bermeo Urdaibai Avia afronta a súa primeira fin de semana como líder da máxima categoría do remo con 77 puntos, seguido por Santurtzi Transportes y Grúas Aguado con 76, Donostiarra Amenabar con 74 e Orio Arraunketa Elkartea con 73. Iñigo Larrinaga, de Ondarroa Cikautxo, levará o sábado o maillote branco do Mellor Patrón CaixaBank ao liderar esta categoría con 8 puntos, perseguido polos dous patróns de Cabo, Manuel Triñanes e Oscar Hermo, con cadanseus 5 puntos.

Na Liga Euskotren, Orio Arraunketa Elkartea continúa a mandar na clasificación xeral con 30 puntos, e xa lle leva unha vantaxe de 6 puntos á súa inmediata perseguidora, Donostiarra Lacturale. Pola súa banda, Donostia Arraun Lagunak con 15 e Hondarribia Bertako Igogailuak con 14, loitan por fuxiren da cuarta praza que as levaría ao playoff de setembro. E a respecto da clasificación de Mellor Patroa da competición feminina, Natalia Tubio da Donostiarra Lacturale lidera con 15 puntos, e Nadeth Agirre, de Orio Arraunketa Elkartea, ocupa a segunda posición con 14 puntos.

Voltar