Novas 2015

COMPETICION

05 Ago 2015

A Liga San Miguel volve a Meira

A Liga San Miguel volve a Meira

Esta mañá disputouse a I Bandeira Illa do Samertolameu - Concello de Moaña no Concello de Moaña

A competición entra de cheo na segunda metade da tempada coa desputa do segundo fin de semana en augas galega. O sábado, a Liga San Miguel chegará á casa do equipo que conseguiu o ascenso á máxima categoría do remo na tempada pasada. Así, Meira acollerá a décima xornada da Liga San Miguel, na que as 12 embarcacións desputarán a I Bandeira Illa do Samertolameu - Concello de Moaña nun campo de regata de tres millas náuticas, con catro longos e tres ceavogas, onde as balizas interiores estarán situadas no peirao de Meira.

A composición das quendas para esta regata estará condicionada pola clasificación xeral da Liga San Miguel, polo que Samertolameu Rodman Group, Portugalete Eulen, Zierbena Bahías de Bizkaia e Astillero estarán na primeira quenda. Na segunda quenda remarán San Pedro Ecolmare, Cabo, Tirán Pereira e Kaiku Producha. Por último, na quenda de honra loitarán San Juan Iberdrola, Orio Babyauto, Urdaibai Avia e NT2 Hondarribia.

Esta mañá celebrouse a presentación desta bandeira no Concello de Moaña, onde estiveron presentes Leticia Santos, alcaldesa de Moaña; Marta Freire, teniente alcalde de Moaña; Chelo Besada, diputada do Deportes da Diputación de Pontevedra; Abel Pérez, diputado de Deportes do Concello de Moaña; e Lisardo Pérez, presidente de Samertolameu Rodman Group. Os tres quixeron salientar o importande que é para Moaña acoller dúas xornadas do calendario da Liga San Miguel

Voltar