Novas 2014

COMPETICION

08 Ago 2014

A Liga San Miguel volta a Boiro

A Liga San Miguel volta a Boiro

O domingo ás 12.00 horas porase en xogo a XXIV Bandeira Concello de Boiro, regata que non se disputaba desde o ano 2008 na Liga San Miguel

Esta mañá celebrouse a presentación da XXIV Bandeira Concello de Boiro no Concello da localidade coruñesa. Esta regata non se disputaba na máxima categoría dende 2008, e este domingo voltarán os 12 clubs da Liga San Miguel para esta regata na que terán que afrontar un campo de regateo situado ás aforas do Porto de Cabo de Cruz onde completarán catro longos con tres ceavogas para percorreren así un total de tres millas náuticas.

A regata celebrarase ás 12:00 horas do domingo, polo que as quendas estarán condicionadas polo resultado da xornada do sábado, polo que poderán saberse inmediatamente despois de rematar a Bandeira de Moaña - GP Fandicosta. Media hora antes de que dea comezo a undécima xornada da Liga San Miguel disputarase no mesmo lugar a regata da Liga Galega Feminina, onde Samertolameu, Cabo e Tirán Pereira competirán por se facer coa vitoria.

Unha xornada completa

Até a presentación desta bandeira achegáronse o alcalde de Boiro, Juan José Dieste; o presidente do CR Cabo da Cruz, Mario Vidal; e Pedro Andueza, presidente da ACT. Quixeron salientar a importancia de que unha competición de máximo nivel, como é a Liga San Miguel, volte a esta localidade nun día tan sinalado para os habitantes de Boiro como é o día da exaltación do mexillón, polo que se agarda unha grande afluencia de público. 

Voltar