Novas 2010

COMPETICION

18 Ago 2010

A LIGA SAN MIGUEL NO DERRADEIRO TRAMO COA INCERTIDUME DA RIA DE ASTILLERO

A LIGA SAN MIGUEL NO DERRADEIRO TRAMO COA INCERTIDUME DA RIA DE ASTILLERO

As embarcacións vogarán contra o reloxo, de a un, sen referencias directas das rivais, nunha regata aberta ás sorpresas.

Despois da espectacular regata de Zarautz, a Liga San Miguel volve ás tranquilas augas da ría de Astillero. Das ondas e a velocidade de cruceiro, ás trampas agachadas nas augas pouco profundas da localidade cántabra. A regata de Astillero é a 13ª puntuábel da liga, e celebrarase o sábado 21 de agosto na modalidade contra o reloxo, a partir das 17h., e as embarcacións deberán remar sen as referencias visuais das rivais, exceptuando o tempo obtido nas ceavogas.

Este mediodía celebrouse o acto de presentación da XIII. BANDEIRA REAL ASTILLERO DE GUARNIZO - XXXVIII GP CONCELLO DE ASTILLERO - III TROFEO HEWLETT PACKARD no Concello de Astillero. Asistindo o presidente do club de remo de Astillero Sr. Francisco Gárate, o Director Xeral de Deportes de Cantabria, Sr. Ramón Cuesta, o presidente do Federación de Remo cántabro, Sr. José Antonio Martínez Liaño, e o concelleira de deportes de Astillero, Sra. Consuelo Castañeda.

A regata terá o percorrido clásico de 5.556 metros, catro longos e tres ceavogas. Repartirans e22.500 euros en premios, e a orde de saída estabelecerase en base á clasificación da Liga san Miguel. Zarautz Inmobiliaria Orio, Zumaia Altuna y Uría, Kaiku Ambilamp e Hondarribia Orsa partirán na primeira quenda, en intervalos dun minuto, e así sucesivamente.

Mooits alicientes para unha soa regata. Astillero está completando unha grande tempada na súa volta á elite das traiñeiras, e ten ao seu alcance entrar entre as catro mellores. Catro puntos sepárana da 4ª clasificada, Pedreña, a súa rival máis próxima xeográficamente. Orio Amenabar e Urdaibai Umpro Avia seguen inmersos na pechada loita por conseguir a Corona Caja Madrid. Despois da regata de Zarautz, os guipuscoanos aumentaron lixeiramente a súa vantaxe respecto aos viscaínos: 4 puntos. Cita á súa vez importante para San Pedro Ecolmare, Hondarribia Orsa e Kaiku Ambilamp. Seis puntos separan a estas tres embarcacións, tres clubs en voga polo 8º posto.

Voltar