ACT TV 2014

ESPECIAL

09 Xul 2014

A Liga San Miguel desembarca en Cantabria

A Liga San Miguel desembarca en Cantabria

O vindeiro sábado disputarase a partir das 17.00 horas a IX Bandeira Marina de Cudeyo – Gran Premio Dynasol, ademais da primeira xornada da Liga Euskotren

Despois do paso polas augas do Mediterráneo e máis do Atlántico, a máxima competición retorna a augas cantábricas, concretamente a Pedreña onde este sábado a partir das 17.00 horas porase en xogo a cuarta xornada da Liga San Miguel coa disputa da Bandeira Marina de Cudeyo – Gran Premio Dynasol. Ademais, esta xornada tamén servirá para dar inicio á Liga Euskotren a partir das 16.30 horas, onde sete tripulacións pelexarán polas tres prazas que se porán en xogo este fin de semana para vogar o resto de tempada xunto á vixente campioa, Zumaia.


Daquela, esta mañá celebrouse a presentación de ambas bandeiras no Salón de Actos do Concello Marina de Cudeyo. O alcalde da localidade, Federico Aja, quixo salientar a importancia que ten para o municipio albergar un evento deste tipo. Unha regata, a da Liga San Miguel, que terá unha dotación de 22.500 euros e cuxas balizas interiores estarán situadas ao pé do peirao de Pedreña. Como vén sendo habitual, o percorrido será de tres millas náuticas repartidos en catro longos e tres ceavogas.


Como ocorre todos os sábados, a composición de quendas virá marcada pola clasificación xeral. Quere dicir, na primeira vogarán Urdaibai Avia, Pedreña, San Pedro Ecolmare e Portugalete Eulen; na segunda estarán Astillero, Cabo, Zierbena Bahías de Bizkaia e San Juan Iberdrola; e finalmente na quenda de honra estará Tirán Pereira, Kaiku Ambilamp, Hondarribia Orsa e o actual líder, Orio Babyauto.


A competición feminina, ás 16.30 horas
Por outro banda, a Liga Euskotren terá o seu bandeirazo de saída ás 16.30 horas na que sete traíñas tratarán de se facer con unha das tres prazas. Xunto con Zumaia, San Juan Iberdrola, Cabo, Orio Babayuto, Hibaika Jamones Ancín, Samertolameu, Getaria Zarautz e Santoña Grupo Tanet pelexarán por unha desas tres prazas e para isto enfrentarán unha contra o reloxo de milla e media e na que sairán de minuto en minuto.
 

Voltar