Novas 2013

COMPETICION

12 Abr 2013

A Liga San Miguel de Traíñas comezará por primeira vez en Barcelona coa Bandeira Euskadi Basque-Country

A Liga San Miguel de Traíñas comezará por primeira vez en Barcelona coa Bandeira Euskadi Basque-Country A Liga San Miguel de Traíñas comezará por primeira vez en Barcelona coa Bandeira Euskadi Basque-Country

O Goberno Vasco propón unha iniciativa que promociona a Marca Euskadi nun destino turístico preferente como Cataluña

O inicio de Liga da Asociación de Clubs de Traíñas, que reune os doce clubs máis importantes desta modalidade deportiva, comezará este ano en Barcelona o 16 de xuño coa celebración da Bandeira Euskadi Basque-Country.

A iniciativa proponse nun lugar de referencia para Euskadi por ser os turistas cataláns unha das maiorías máis importantes entre os visitantes do Estado que chegan a terras vascas, e foi posíbel tralo acordo acadado inicialmente polo Departamento de Desenvolvemento Económico e Competitividade e a ACT. A proba será producida e retransmitida en directo por TV.

O Goberno Vasco contará, tamén, coa colaboración de outras institucións vascas con responsabilidade no sector do turismo de Euskadi.

 

A Liga San Miguel de Traíñas, que dende hai dez tempadas disputa probas en Euskadi, Cantabria e Galiza, ampliará desta xeito o seu ámbito de difusión. Pola súa banda o Goberno consegue posicionar a Marca Euskadi nun destino turístico de primeira orde para os intereses vascos, coñecedor das vantaxes de ser unha marca forte á hora de vender, e sobre todo, porque Euskadi Basque-Country é sinónimo de calidade no mundo.

Voltar