Novas 2012

COMPETICION

10 Xu˜ 2012

A LIGA SAN MIGUEL CELEBRA OS SEUS 10 ANOS COA GALA DE PRESENTACIÓN NO EUSKALDUNA

A LIGA SAN MIGUEL CELEBRA OS SEUS 10 ANOS COA GALA DE PRESENTACIÓN NO EUSKALDUNA

O Palacio Euskalduna de Bilbao acolle este sábado a festa de apertura da Liga San Miguel – Coroa Mapfre de 2012

Punta de lanza dunha tempada especial. A competición fai a súa décima edición e comeza esa celebración lembrando os protagonistas da tempada 2011. A Gala premiou os deportistas, clubs e afeccionados máis salientábeis da pasada tempada:

 

REMO Á TRAÍÑA MÁIS RÁPIDA DA LIGA SAN MIGUEL 2011:

· Entrega o premio o Sr. Borja Rodrigo, presidente da Federación Biscaína de Remo.

· Entrégase o remo a Kaiku Ambilamp por acadar unha media de 4,81 metros por segundo na 2ª xornada da Ikurriña de Zarautz, 17´3 km/h.

 

REMO AO MÉRITO DEPORTIVO DA LIGA SAN MIGUEL 2011:

· Entrega o premio o Sr.  José Antonio Martínez Liaño, presidente da Federación Cántabra de Remo.

· Entrégase o remo a Calixto Presmanes, delegado que en máis ocasións representou nese posto ao seu club, neste caso a Pedreña.

 

REMO Á MELLOR CANTEIRA DA LIGA SAN MIGUEL 2011:

· Entrega o premio a Sra. Virginia Berasategi, triatleta de Bilbao.

· Entrégaselle o remo a Zumaia Altuna y Uria por utilizar unha media de 11 deportistas canteiráns na traíña por regata. (Maior número de canteiráns).

 

REMO AO MELLOR ADESTRADOR DA LIGA SAN MIGUEL 2011:

· Entrega o premio Fernando Climent, presidente da Federación Española de Remo.

· Premio para Mikel Orbañanos de Hondarribia Orsa.

 

REMO Á MELLOR ORGANIZACIÓN DE REGATA DA LIGA SAN MIGUEL 2011:

· Entrega o premio Sabin Anuzita, concelleiro de deportes do Concello de Bilbao.

· Premio para Hondarribia.

 

REMO AO MELLOR PATRÓN DA LIGA SAN MIGUEL 2011:

· Entrega o remo Enrique Cid, Director Xeral Territorial de Mapfre.

· Asier Zurinaga é o gañador do Trofeo, título que conseguiu dirixindo a traíña Kaiku Ambilamp.

 

REMO Á AFECCIÓN MÁIS DESTACADA DA LIGA SAN MIGUEL 2011:

· Entrega o remo Carlos Cubillo, representando a Cervexas San Miguel.

· Premio para a afección sestaotarra de Kaiku Ambilamp.

 

REMO HONORÍFICO:

· Entrega o premio Pedro Andueza, presidente da ACT.

· Premio a Piter Bravo, ex presidente da ACT, cargo no que estivo desde o 18 de marzo de 2006 até xaneiro de 2012, e premio para Iñigo Garaizar de Cervexas San Miguel pola súa aposta, pulo e apoio ao patrocinio de Cervexas San Miguel á Liga de Traíñas.

A Asociación de Clubs de Traíñas (ACT) fai xa a súa décima tempada vogando con forza no Mar Cantábrico e no Océano Atlántico. Dez longos anos, efeméride importante abofé para seguir levando o remo a cotas cada vez máis altas. Facémolo grazas á presenza de prestixiosos patrocinadores como CERVEXAS SAN MIGUEL e MAPFRE, fundamentais no noso crecemento.

Contamos as horas para que unha nova tempada encete a andar. Fican apenas 20 días para que moito esforzo, traballo e ilusión rompan as ondas. A Liga San Miguel comezará en Zierbena, na casa da embarcación recén ascendida. Que mellor inicio que a volta dunha das grandes, diante da súa afección. Será a primeira etapa das 18 que coroará ao vencedor da Coroa Mapfre.

A edición deste ano consta de 19 xornadas, 18 regatas puntuábeis que se desenvolverán entre o 30 de xuño e o 16 de setembro. Bilbao, sede da Gala, acolleu a primeira regata non puntuábel da tempada, en augas da ría, con victoria para Hondarribia Orsa.

A Liga Euskotren, que este ano fai a cuarta edición, constará de 7 bandeiras en 8 xornadas. Portugalete acollerá a primeira regata, o 7 de xullo, e Zarautz porá a guinda á competición coa súa Ikurriña a dobre xornada, o 19 de agosto.

CERVEXAS SAN MIGUEL premia a través da competición o esforzo e a dedicación dos deportistas, dos valores que sempre estiveron presentes na evolución da cervexeira. A Liga San Miguel de Traíñas tamén demostra o seu compromiso coas tradicións e coa historia da zona norte da península, dando apoio a un dos deportes máis antigos e con maior tradición na cornixa cántabro-atlántica. Tradición que inclue aos miles de asistentes ás regatas a gozar dun ambiente festivo.

Con este patrocinio, MAPFRE reforza a súa presenza e apoio aos deportistas, ao deporte en xeral e aposta sen reservas polos valores que a práctica deportiva trae consigo, coa que comparte principios e valores, como o esforzo, a dedicación e o compromiso.

Ao carón de San Miguel, Mapfre e Euskotren, hai que engadir á competición a presenza de patrocinadores como Kutxabank e Euskadi Saboréala, colaboradores como El Diario Vasco e El Correo. Cómpre salientar tamén a presenza dos patrocinadores de regatas: Eusko Label, Euskadi Saboréala, Concellos de Getxo e Zarautz, e El Corte Inglés.

ETB e TVG retransmitirán íntegramente as 18 regatas puntuábeis da Liga San Miguel, Coroa Mapfre. Poden consultar o calendario da competición e os planteis dos 12 clubs na páxina web da Asociación: www.ligasanmiguel.com actualizada recentemente.

Voltar