Novas 2011

COMPETICION

12 Xu˜ 2011

A LIGA SAN MIGUEL 2011 ENFRONTA A SÚA 9ª TEMPADA COMEZANDO EN AUGAS DE BORDEAUX CUN NOVO PATROCINADOR, MAPFRE

A LIGA SAN MIGUEL 2011 ENFRONTA A SÚA 9ª TEMPADA COMEZANDO EN AUGAS DE BORDEAUX CUN NOVO PATROCINADOR, MAPFRE A LIGA SAN MIGUEL 2011 ENFRONTA A SÚA 9ª TEMPADA COMEZANDO EN AUGAS DE BORDEAUX CUN NOVO PATROCINADOR, MAPFRE

O Pazo de Festivais de Santander acolle a gala de presentación da Liga San Miguel o 11 de xuño, nun acto no que se premia os deportistas, clubs e afeccionados máis salientábeis da pasada tempada.

Premios para diferentes clubs por méritos da pasada tempada:

REMO Á TRAÍÑA MÁIS RÁPIDA DA LIGA SAN MIGUEL 2010:
- Entregan o remo Luis Morante, Concelleiro de Deportes do Ayuntamiento de Santander.
- Remo para Astillero, traíña máis rápida na Bandeira Ambilamp 2010.

REMO AO MÉRITO DEPORTIVO DA LIGA SAN MIGUEL 2010:
- Entrega o remo Pablo Pinillos, capitán do Racing de Santander e Pedro Munitis.
- Entrégaselle o remo a Manuel Gutiérrez Bengoetxea, LOLO, pola súa contribución ao remo, activo con 51 anos en la Liga San Miguel.

REMO Á MELLOR CANTEIRA DA LIGA SAN MIGUEL 2010:
- Entrega o remo José María "Pichu" Torcida, campión do Mundo de vela, J80.
- Entrégaselle o remo a Orio que presentou a 21 remeiros, todos propios. Orio aliñou sempre a 14 remeiros propios dos cales 10 ou 11 eran sempre da canteira.

REMO AO MELLOR ADESTRADOR DA LIGA SAN MIGUEL 2010:
- Entrega o remo Fernando Sainz de la Maza, cocinero del Restaurante El Serbal.
- Mellor adestrador da Liga San Miguel 2010, escollido polo resto de adestradores, Joseba Fernández de Castro.

REMO Á MELLOR ORGANIZACIÓN DE REGATA DA LIGA SAN MIGUEL 2010:
- Entrega o remo Xosé Antonio Martínez Liaño, presidente de la FCR.
- Remo á mellor organización é para a SDR Castro Urdiales.

REMO AO MELLOR PATRÓN DA LIGA SAN MIGUEL 2010:
- Entrega o remo Fernando Marquinez de la Hoz, Gerente de Mapfre Cantabria..
- Aitor Carrillo de Orio Amenabar é o gañador do Trofeo.

REMO Á AFECCIÓN MÁIS DESTACADA
- Entrega o remo Iñigo Garaizar, Representando a Cervexas San Miguel.
- Dar o premio á afección de Pedreña.

REMO HONORÍFICO
- Entrega o remo Peter Bravo, presidente da ACT:
- Pco Prieto pola súa contribución ao remo y traxectoria con San Juan.

 

A Asociación de Clubs de Traíñas (ACT) fai xa a súa novena tempada vogando con forza no Mar Cantábrico e no Océano Atlántico. A presenza de prestixiosos patrocinadores como CERVEXAS SAN MIGUEL e MAPFRE fan que o deporte rei do verán reme con firmeza cara un futuro atractivo.

O próximo 18 de xullo arrancará a novena edición da Liga San Miguel de Traíñas en Bordeaux, competición que reúne as 12 mellores tripulacións do País Vasco, Cantabria e Galiza, na procura do seu trofeo máis prezado, a Coroa Mapfre.

A edición deste ano consta de 20 xornadas, 19 regatas puntuábeis que se desenvolverán entre o 18 de xuño e o 18 de setembro. Nestes tres meses, os participantes percorrerán os case 1.200 quilómetros que separan a localidade de Moaña (Pontevedra) de Bordeaux.

En canto á competición feminina, este año celébrase a terceira edición da Liga Euskotren. A Liga Euskotren constará de 8 bandeiras. Camargo acollerá a primeira regata, e Zarautz poñerá a guinda á competición coa súa Ikurriña a dobre xornada.

Cervexas San Miguel premia a través da competición o esforzo e a dedicación dos deportistas, dos valores que sempre estiveron presentes na evolución da cervexeira. A Liga San Miguel de Traíñas tamén amosa o seu compromiso coas tradicións e coa historia da zona norte da península, dando apoio a un dos deportes máis antigos e con maior tradición na cornixa cántabro-atlántica. Tradición que inclúe aos miles de asistentes ás regatas, gozando dun ambiente festivo.

Con este patrocinio, MAPFRE reforza a súa presenza e apoio aos deportistas, ao deporte en xeral e aposta sen reservas polos valores da práctica deportiva, coa que comparte principios e valores, como o esforzo, a dedicación e o compromiso.

Con San Miguel, MAPFRE e Euskotren, cómpre engadir á competición a presenza de patrocinadores como Euskolabel e Ambilamp, Bordeaux, Bilbao, Opirata.com, Getxo, Zarautz e El Corte Inglés como patrocinadores de regata.

Para finalizar, lémbrolles que ETB e TVG retransmitirán integramente as 19 regatas puntuábeis da Liga San Miguel, Coroa Mapfre. Poden consultar o calendario da competición e os planteis dos 12 clubs na páxina web da Asociación: www.ligasanmiguel.com actualizada recentemente.

Voltar