ACT TV

ESPECIAL

15 Xul 2022

A Liga Eusko Label e a Liga Euskotren vogarán en augas de Gipuzkoa e Bizkaia

A Liga Eusko Label e a Liga Euskotren vogarán en augas de Gipuzkoa e Bizkaia A Liga Eusko Label e a Liga Euskotren vogarán en augas de Gipuzkoa e Bizkaia

A quinta e sexta xornada de ambas competicións desputaranse en augas de Orio e Zierbena

Despois da fin de semana en augas da Coruña, a Liga Eusko Label e a Liga Euskotren voltarán vogar en augas de Gipuskoa e Bizkaia, igual que aconteceu na primeira fin de semana.

O sábado será a vez de Orio, que albergará a quinta xornada da tempada. O campo de regatas, a mar aberto, fai que sexa unha xornada moi interesante para as afeccións, e unha loita moi aberta para decidir os gañadores da Orioko XXXII. Estropada – X. Orio Kanpina Bandera da Liga Eusko Label e a Orioko XXII. Emakumezkoen Estropada – Orio Kanpina X. Bandera da Liga Euskotren.

No domingo, será a quenda de Zierbena, unha xornada xa habitual no calendario de ambas competicións. Ondarroa Cikautxo quererá repetir a súa primeira Bandeira da competición gañando na XXXIX Bandeira Petronor, mentres que na feminina estará en xogo a II Bandeira Edinor.

Goza da Fan Zone
Esta fin de semana a FAN ZONE da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren voltará acoller o colorido das afeccións. Na xornada do sábado, estará situada na explanada da Orioko Herri Ikastola, a carón do río. No domingo, porén, estará nas campas do porto de Zierbena, ao pé da pasarela de acceso ás tribunas. Tanto no sábado como no domingo, os afeccionados poderán degustar o bonito de Eusko Label así como a cervexa oficial da competición, Keler, tirar fotografias cos dous trofeos das ligas, a Coroa CaixaBank e o Trofeo Euskotren cos que poderás gañar diferentes premios, e seguir a regata ao vivo na pantalla xigante.    

Voltar