ACT TV 2020

ESPECIAL

16 Xul 2020

A Liga Eusko Label e a Liga Euskotren visitan os campións

A Liga Eusko Label e a Liga Euskotren visitan os campións

A sexta xornada de ambas competicións desputaranse a Orioko XXX. Estropadak - VIII. Orio Kanpina Bandera e máis a Orioko XIX. Emakume Estropadak - VIII. Orio Kanpina Bandera na vila dos vixentes campións

Orio Arraunketa Elkartea completou no 2019 o mellor ano da súa historia na máxima categoría do remo ao conseguiren a Coroa CaixaBank, e o Trofeo Euskotren, por venceren as súas dúas traiñeiras na Liga Eusko Label e máis na Liga Euskotren. Este ano, cadrando coa sexta xornada de ambas competicións, as 16 traiñeiras que conforman as dúas ligas da máxima categoría do remo visitan Orio para desputaren a Orioko XXX. Estropadak - VIII. Orio Kanpina Bandera e a Orioko XIX. Emakume Estropadak - VIII. Orio Kanpina Bandera.

A xornada do domingo comezará ás 11:40 horas, cando Donostiarra, Hondarribia Bertako Igogailuak, Donostia Arraun Lagunak e as locais Orio Arraunketa Elkartea saian á auga competiren na bandeira feminina, nun percorrido dunha milla náutica e media (2.778 metros), dividida en dous longos cunha ceavoga.

Así que remate a regata feminina, chegará a vez das embarcacións da Liga Eusko Label, que competirán pola Orioko XXX. Estropadak - VIII. Orio Kanpina Bandera, divididas en tres quendas, que se conformarán en base ao resultado final da Getxoko Estropaden XLII. Ikurriña - J.A. Agirre Lehendakariaren XVI. Omenaldia, desputada na tarde do sábado. As tripulacións masculinas competirán nun percorrido de tres millas náuticas (5.556 metros) divididos en catro longos con tres ceavogas.

Voltar