Novas 2023

ESPECIAL

30 Xu˜ 2023

A Liga Eusko Label e a Liga Euskotren saltan ao móbil

A Liga Eusko Label e a Liga Euskotren saltan ao móbil

Os stickers e GIFs tanto da Liga Eusko Label como da Liga Euskotren están disponíbeis para a súa descarga e utilización

Este verán, tanto a Liga Eusko Label como a Liga Euskotren mergullarán no teléfono móbil dos afeccionados. A partir de agora, ademais de seren os protagonistas do fin de semana, tamén serán protagonistas das conversas de Whatsapp. As celebracións dos equipos ou as celebracións dos patróns e patroas xunto cos escudos dos clubs poderán utilizarse nas conversas ou como os GIFS de Instagram. 

Todos os equipos contan coas celebracións dos seus patróns e tres celebracións grupais, que segundo vaia avanzando a tempada iranse actualizando. Se queres usalos, descarga Sticker.ly e procura o nome do equipo, ou usa este link directo:

Voltar