ACT TV 2017

07 Xu˜ 2017

"A intención é irmos ao 100% en todas as regatas"

"A intención é irmos ao 100% en todas as regatas"

Agustín Fernández, adestrador de Ares, analízanos a mudanza de esixencia que afrontou o seu equipo esta pretempada

A medida que avanza a pretempada, o primeiro encontro da tempada achégase cada vez máis. Até o día de hoxe, xa escoitamos a análise de 9 adestradores da Eusko Label Liga e hoxe recibimos o décimo. Agustín Fernández será o encargado de dirixir a Ares tanto en terra como na auga nesta primeira tempada do club galego na loita pola Coroa CaixaBank, xa que compaxina o seu labor de adestrador co de patrón da traiñeira.

Este recén ascendido ten claro que o seu equipo terá que loitar por non descenderen da Eusko Label Liga, pero que ninguén pense que Ares vén de paseo a esta competición, xa que o ano pasado demostrou que é capaz de sorprender a máis de un, e é por iso que, segundo o adestrador galego, “a intención é irmos ao 100% en todas as regatas”. A respecto da parte de arriba da táboa, Fernández plantexa a incógnita de se “Orio Babyauto é capaz de meter a cabeza entre os dous grandes clubs”.

Voltar