Novas 2014

COMPETICION

05 Xu˜ 2014

A II Bandeira Euskadi Basque Country volve navegar en Barcelona

A II Bandeira Euskadi Basque Country volve navegar en Barcelona

O vindeiro 29 de xuño a Liga San Miguel arrancará a súa competición en augas do Mediterráneo

Esta mañá celebrouse no Museo Naval Ría de Bilbao a presentación da II Bandeira Euskadi Basque Country que se disputará o vindeiro 29 de xuño en augas de Barcelona e que servirá para dar o bandeirazo de saída á Liga San Miguel. Unha presentación que estivo presidida por Itziar Epalza, viceconselleira de Comercio e Turismo do Goberno vasco, e Iñaki Mikeo, xerente da ACT.

A II Bandeira Euskadi Basque Country terá o mesmo escenario que o ano pasado, con un campo de regateo no que as balizas interiores estarán situadas xunto o Hotel Vela, mentras que as exteriores estarán na Platja de San Sebastià. Os 12 equipos participantes partirán en tres quendas a partir das 12.00 horas e a composición destas realizarase no sorteo que se fará o vindeiro 25 de xuño no Ajuntament de Barcelona. A proba, como xa aconteceu o ano pasado, poderá ser seguida en directo a través de ETB1, Esport 3 e TVG.

Á marxe do puramente deportivo, tal e como detallou a viceconselleira de Comercio e Turismo do Goberno vasco, haberá tamén numerosas actividades que comezarán o venres 27 xuño e se alongarán até o domingo 29 de xuño. E é que, entre outras cousas, poderase disfrutar dunha exhibición de Herri Kirolak, competición de ergómetros, degustacións gastronómicas ou todo tipo de música. Precisamente, grazas á inestimábel colaboración de San Miguel, un dos grupos con máis proxección do momento, Belako, actuará no sábado a partir das 20.15 na zona lúdica que estará instalada na Praza do Mar, xunto á Platja de Sant Sebastiá.

Tal e como salientou o xerente da Asociación, Iñaki Mikeo, a volta da Liga San Miguel á Cidade Condal ven apoiada na boa experiencia do ano pasado na que tanto deportistas como afeccionados disfrutaron dunha xornada que non deixou indiferente a ninguén. Esta iniciativa, a de levar ás traíñas a Barcelona, ven apoiada unha vez máis por Basquetour (Axencia Vasca de Turismo), a Viceconsellería de Comercio e Turismo do Goberno vasco, así como polo Ajuntament de Barcelona.

Voltar