ACT TV 2017

ESPECIAL

20 Set 2017

A eterna loita da metade da táboa

A eterna loita da metade da táboa

Hoxe contamos coas valoracións dos clubs da segunda quenda

Logo de dar por rematada a tempada da Eusko Label Liga, chega o momento de botar a ollada atrás e facer valoración. Para esta entrega, contamos coas declaracións de integrantes de Ondarroa Cikautxo, Tirán Pereira, San Juan Sumelec e Zierbena Bahías de Bizkaia, que remataron a tempada estabelecidos na segunda quenda.

Ondarroa Cikautxo rematou en oitava posición con 90 puntos no seu primeiro ano na máxima categoría do remo. Aínda que este ano moitos contasen con eles para estar na parte baixa da táboa, os ondarruarras demostraron ser un equipo moi forte.

Tirán Pereira, malia as dúbidas que tiñan ao inicio da tempada, conseguiu estabelecerse na segunda quenda e rematar a tempada con un meritorio sétimo posto, con 93 puntos.

San Juan Sumelec foi este verán de menos a máis, rematando a tempada a un nivel moi alto. Despois de colleitaren uns resultados moi bos na segunda metade da tempada, a ‘Erreka’ consegue un sexto posto na clasificación xeral con 114 puntos.

Por último, Zierbena Bahías de Bizkaia, quinto con 127 puntos, foi o club que liderou a segunda quenda do comezo ao fin da tempada. Aínda tendo cumprido os obxectivos, os ‘galipo’ agardaban estar máis perto dos equipos de arriba en certas fases da tempada. 

Voltar