Novas 2017

ESPECIAL

30 Xu˜ 2017

A espera rematou!

A espera rematou!

Bilbao e Portugalete acollerán as dúas primeiras xornadas desta Eusko Label Liga – Coroa CaixaBank 2017
 

A espera rematou! Mañá dará comezo unha nova tempada da máxima categoría do remo, na que será a décimo quinta edición da Eusko Label Liga. Un ano máis, as 12 mellores traiñeiras do momento loitarán por facérense co ansiado trofeo polo que levan a traballar tantos anos, a Coroa CaixaBank, e así relevar a Urdaibai Avia na súa condición de campión.

A escasas horas de encetar a primeira xornada, os clubs marcaron obxectivos moi diferentes, mais polo momento, todas as traiñeiras contan coas mesmas probabilidades de se proclamaren campioas o vindeiro 17 de setembro tras a desputa da XLVII GP - XLIII Bandera El Corte Inglés en augas de Portugalete.

A primeira batalla deste verán terá lugar mañá, a partir das 19.00 horas, en Bilbao, coa desputa da VIII Bandera de Bilbao. Esta xornada inaugural da Eusko Label Liga 2017 desputarase en formato contra o reloxo, como cada ano. Sendo esta a primeira xornada desta tempada, as quendas estarán determinadas pola clasificación xeral final do ano pasado, cos dous recén ascendidos remando tamén na primeira quenda. Deste xeito, na primeira quenda remarán Ares, Ondarroa Cikautxo, San Pedro e Zierbena Bahías de Bizkaia; na segunda estarán Cabo, Astillero, Tirán Pereira e Orio Babyauto; e por último, as catro traiñeiras que desputarán a primeira quenda de honra da tempada serán San Juan Sumelec, Kaiku Producha, Hondarribia e Urdaibai Avia.

Nas seis edicións desta bandeira que se levan desputado dentro do calendario da loita pola Coroa CaixaBank houbo catro vencedores diferentes, sendo Hondarribia o club dominador do encontro, tendo conseguido levar este trapo nas últimas tres edicións (2014, 2015, 2016). Á marxe da ‘Ama Guadalupekoa’, Orio Babyauto (2008), Castro (2009) e Kaiku Producha (2011) tamén saben o que é gañar neste campo de regatas. Os mozos de Mikel Orbañanos, ademais, ostentan o record desta bandeira con un tempo de 19’23”92, conseguido na edición de 2015. A marxe máis curta xamais vista entre os dous primeiros clasificados aconteceu no 2008, cando Orio Babyauto ficou a escasos 1”21 da vitoria, que foi para Castro. Pola contra, a maior diferenza entre primeiro e segundo tivo lugar en 2007, cando os aguiluchos tiraron unha vantaxe de13”32 sobre Hondarribia.

Pola súa banda, no domingo ás 12.00 horas, desputarase a XVI edición da Bandera Ayuntamiento de Sestao. Neste caso, as quendas comporanse en base á clasificación da xornada do sábado. Repasando o histórico desta regata organizada polo club sestaoarra atopamos a Hondarribia no alto do palmarés, con dúas vitorias (2011 e 2015). Con unha victoria neste encontro do calendario sitúanse Astillero (2010), Kaiku Producha (2012), Tirán Pereira (2013) e Urdaibai Avia (2016). Esta regata en augas da ría non destaca por rexistrar grandes diferenzas entre os dous primeiros clasificados, xa que, en ollando os resultados desta regata ano tras ano, apenas Kaiku Producha conseguiu unha vantaxe maior aos 10 segundos con respecto ao segundo clasificado, que en aquel caso foi Hondarribia (+13”).

Voltar