Novas 2015

ESPECIAL

11 Mai 2015

A Cruz Vermella rende homenaxe á ACT

A Cruz Vermella rende homenaxe á ACT

A organización internacional quixo distinguir esta mañá en Bilbao a Asociación de Clubs de Traíñas pola súa estreita colaboración

Esta mañá o Palacio de Chávarri, situado en pleno centro de Bilbao, acolleu un acto organizado pola Cruz Vermella no que esta quixo recoñecer o labor das diferentes entidades que veñen colaborando con eles. Entre os recoñecidos tamén se atopa a ACT, que foi distinguida con unha placa conmemorativa recollida por Txemanu Ortiz, membro da Xunta Directiva da Asociación.

A ACT vén colaborando en diferentes actividades coa Cruz Vermella ao longo do ano. E o certo é que xa se convertiu nunha imaxe habitual ver os membros desta organización nas diferentes regatas da Liga San Miguel e a Liga Euskotren. Da ACT queremos agradecer este recoñecemento e agardamos poder seguir colaborando estreitamente nos vindeiros anos coa Cruz Vermella.  

Voltar