ACT TV 2017

ESPECIAL

12 Xul 2017

A Coruña dá a benvida á Eusko Label Liga

A Coruña dá a benvida á Eusko Label Liga

Esta mañá tivo lugar na Praia de Riazor o acto de presentación da Bandeira Cidade da Coruña

A Coruña acollerá o vindeiro sábado a partir das 18.00 horas, a Bandeira Cidade da Coruña, correspondente á quinta xornada da competición. Esta será a primeira vez que a Eusko Label Liga desembarcará nas augas da Praia de Riazor. As doce participantes terán que percorrer unha distancia de tres millas náuticas, divididas en catro longos. Coas balizas interiores situadas dentro da baía, as traiñeiras terán que remar mar adentro para buscaren as balizas exteriores. Cómpre salientar que a unión entre a ACT e o Concello da Coruña deu como froito que esta regata sexa parte do calendario de competición da Eusko Label Liga durante os vindeiros tres anos.

Tratándose dunha xornada que se desputará no sábado, a disposición da quenda farase en base á clasificación xeral da Eusko Label Liga. Deste xeito, na primeira quenda estarán Astillero, Ares, Cabo e Zierbena Bahías de Bizkaia; na segunda San Pedro, San Juan Sumelec, Tirán Pereira e Ondarroa Cikautxo; e os encargados de remar na quenda de honra serán Kaiku Producha, Orio Babyauto, Hondarribia e Urdaibai Avia.

Esta mañá tivo lugar a presentación da proba do sábado na Praia de Riazor, concretamente no Espigón das Escravas. Nela estiveron Alberto Lema, concelleiro de turismo do Concello da Coruña; Lanzada Calatayud, xerenta del Consorcio Turismo da Coruña; e Mario Vidal, directivo da ACT.

Dossier da regata

Voltar