Novas 2012

COMPETICION

02 Xul 2012

A COROA MAPFRE EXPOSTA EN ZARAUTZ

A COROA MAPFRE EXPOSTA EN ZARAUTZ

A Coroa Mapfre estará exposta en Zarautz durante esta semana, concretamente, na oficina de Mapfre situada en Araba Kalea, 12.

O Trofeo que o campión da Liga San Miguel levará ao final da competición estará en Zarautz ata o vindeiro luns para que todos os afeccionados ao remo e á arte poidan gozar desta magnífica obra do escultor lasartearra Miguel Angel Oribe, unha obra de arte creada no ano 2005 para a mellor traíña da costa cántabro-atlántica.


A Coroa Mapfre quedará en propiedade do club que consiga gañar a Liga San Miguel durante 3 anos consecutivos ou 5 alternos. Esta obra de arte segue a liña marcada por este escultor nas súas obras dos últimos anos onde investiga arredor do círculo e máis concretamente sobre o baleirado deste e a creación de ocos, de compartimentos baleiros que rompen a materia e deixan pasar luz dun lado a outro da peza.


Ademais, o obxectivo desta "Coroa Mapfre" era que esas 14 siluetas baleiras, esa forma en círculo, representase unha fusión entre modernidade e tradición, entre arte e deporte e por iso está forxada con ferro, como os músculos das tripulacións que en verán enchen as nosas augas.


Cabe destacar que a Coroa Mapfre visitará os seguintes concellos ao longo da presente tempada de traíñas: Getxo, Zumaia, Portugalete e Bermeo.


Gañadores da Coroa Mapfre:


2003        Astillero
2004        Urdaibai
2005        Astillero
2006        Hondarribia
2007        Urdaibai
2008        Urdaibai
2009        Castro
2010        Urdaibai
2011        Kaiku

Voltar