Novas 2014

COMPETICION

16 Xul 2014

A Coroa 'la Caixa' múdase para Orio

A Coroa 'la Caixa' múdase para Orio

O ansiado trofeo para o campión da tempada estará exposto durante 10 días na oficina de La Caixa de Orio, na rúa Eusko Gudari, 22

A Coroa 'la Caixa' é o trofeo que acredita á mellor traíña da costa cántabro-atlántica. Este galardón foi creado en 2005 polo escultor lasartearra Miguel Ángel Oribe e entrégase ao final da tempada ao gañador da Liga San Miguel. Este trofeo muda de mans cada ano até que un club consigue alzarse con el por terceiro ano consecutivo ou por quinta vez non consecutiva.

O prezado galardón vai estar exposto durante 10 días na oficina de La Caixa de Orio, na rúa Eusko Gudari número 22 e quen queira pode pasar pola sucursal e ver o trofeo. Esta escultura que vai estar exposta en Orio non é a primeira Coroa ‘la Caixa’ que se creou. A orixinal conseguiuna en propiedade o ano pasado un club da ACT por primeira vez. Kaiku Ambilamp, ten o trofeo en propiedade, ao terse alzado coa vitoria en 2011, 2012 e 2013, polo que se volveu reproducir esta obra para ser entregada ao seguinte campión.

O obxectivo desta Coroa ‘la Caixa’ é que esas catorce siluetas vacías, esa forma en círculo, represente unha fusión entre modernidad e tradición, entre arte e deporte e por iso está forxada con ferro, como os músculos dos remeiros que loitan durante o verán por ela en cada regata.

Gañadores da Coroa ‘La Caixa’:

2003: Astillero

2004: Urdaibai

2005: Astillero

2006: Hondarribia

2007: Urdaibai

2008: Urdaibai

2009: Castro

2010: Urdaibai

2011: Kaiku

2012: Kaiku

2013: Kaiku

Voltar