Novas 2013
COMPETICION
16 Xul 2013
A COROA LA CAIXA EXPOSTA EN ORIO
A Coroa “La Caixa” estará exposta en Orio até o vindeiro 21 de xullo, concretamente, na oficina de “La Caixa” ubicada na Calle Eusko Gudaria, 22.
O Trofeo que o campión da Liga San Miguel leva ao final da competición estará en Sestao até o vindeiro luns para que todos os afeccionados ao remo e á arte poidan desfrutar desta magnífica obra do escultor lasartearra Miguel Angel Oribe, unha obra de arte creada no ano 2005 para a mellor traíña da costa cantabro-atlántica.
A Coroa “La Caixa” ficará en propiedade do club que consiga gañar a Liga San Miguel durante tres anos consecutivos ou cinco alternos. Este ano Kaiku Ambilamp, por terceiro ano consecutivo, ou Urdaibai Umpro Avia, por quinto ano alterno, poden ficar co trofeo en propiedade por primeira vez na historia da ACT.
Esta obra de arte segue a liña marcada por este escultor nas súas obras dos últimos anos onde investiga arredor do círculo e máis concretamente sobre o vaciado deste e a creación de ocos, de compartimentos baleiros que fenden a materia e deixan pasar luz dun lado a outro da peza.
Ademais, o obxectivo desta Coroa “La Caixa” era que esas catorce siluetas baleiras, esa forma en círculo, representara unha fusión entre modernidade e tradición, entre arte e deporte e por iso está forxado con ferro, como os músculos das tripulacións que no verán enchen as nosas augas.
Cómpre salientar que a Coroa “La Caixa” visitará os seguintes municipios ao longo da presente tempada de traíñas: Getxo, Zarautz, Castro Urdiales e Bermeo.
Gañadores da Coroa “La Caixa”:
2003 Astillero
2004 Urdaibai
2005 Astillero
2006 Hondarribia
2007 Urdaibai
2008 Urdaibai
2009 Castro
2010 Urdaibai
2011 Kaiku
2012 Kaiku