Novas 2013

COMPETICION

19 Ago 2013

A COROA LA CAIXA EN CASTRO URDIALES

A COROA LA CAIXA EN CASTRO URDIALES

A Coroa “La Caixa” estará exposta en Castro Urdiales até o vindeiro 26 de agosto, concretamente, na oficina de “La Caixa” ubicada na Calle Jardines, 3.

O Trofeo que o campión da Liga San Miguel leva ao final da competición estará en Castro Urdiales para que todos os afeccionados ao remo e á arte poidan desfrutar desta magnífica obra do escultor lasartearra Miguel Angel Oribe, unha obra de arte creada no ano 2005 para a mellor traíña da costa cantabro-atlántica.

 

A Coroa “La Caixa” ficará en propiedade do club que consiga gañar a Liga San Miguel durante tres anos consecutivos ou cinco alternos. Este ano Kaiku Ambilamp, por terceiro ano consecutivo, ou Urdaibai Umpro Avia, por quinto ano alterno, poden ficar co trofeo en propiedade por primeira vez na historia da ACT.

 

Esta obra de arte segue a liña marcada por este escultor nas súas obras dos últimos anos onde investiga arredor do círculo e máis concretamente sobre o vaciado deste e a creación de ocos, de compartimentos baleiros que fenden a materia e deixan pasar luz dun lado a outro da peza.

 

Ademais, o obxectivo desta Coroa “La Caixa” era que esas catorce siluetas baleiras, esa forma en círculo, representara unha fusión entre modernidade e tradición, entre arte e deporte e por iso está forxado con ferro, como os músculos das tripulacións que no verán enchen as nosas augas.

 

Gañadores da Coroa “La Caixa”:

 

2003: Astillero

2004: Urdaibai

2005: Astillero

2006: Hondarribia

2007: Urdaibai

2008: Urdaibai

2009: Castro

2010: Urdaibai

2011: Kaiku

2012: Kaiku

Voltar