ACT TV 2016

ESPECIAL

07 Xul 2016

A Concha pon o Label á Liga San Miguel

A Concha pon o Label á Liga San Miguel

Esta mañá presentouse a V Bandeira Eusko Label no Aquarium de Donostia

O domingo a partir das 12:00 horas porase en xogo a V Bandeira Eusko Label tanto para a Liga San Miguel como para a Liga Euskotren, nun contorno clásico para o mundo do remo como é a Baía da Concha donostiarra. Este encontro corresponderá á quinta xornada da Liga San Miguel e a segunda da Liga Euskotren.

As 12 tripulacións masculinas completarán un percorrido de tres millas náuticas con catro longos e tres ceavogas nun dos escenarios máis coñecidos do mundo do remo, a baía da Concha. Sendo esta unha xornada desputada en domingo, as quendas dependerán do que suceda na xornada anterior desputada en Orio. Por outra banda, antes de encetar a regata da Liga San Miguel, ás 12:00 horas, desputarase a segunda xornada de clasificación para a Liga Euskotren, onde o equipo vencedor levará tamén a V Bandeira Eusko Label. A proba feminina desputarase en contra o reloxo onde completarán un percorrido dunha milla náutica e media, con dous longos e unha ceavoga. A orde de saída desta regata será inversa á clasificación final do encontro do día anterior en Orio, saíndo San Juan Iberdrola en última posición

O acto de presentación da regata tivo lugar hoxe pola mañá no Aquarium de Donostia e estivo presidido por José Ignacio Espel, presidente do Aquarium; Asier Arrese, director de HAZI; e Pedro Andueza, presidente da ACT. Os tres fixeron un chamamento a gozar o domingo dunha xornada espectacular e sobre un campo especial coa Liga San Miguel e a Liga Euskotren.  

Voltar