Novas 2016

ENTREVISTAS

18 Mai 2016

"A chave será ser regular"

"A chave será ser regular"

O técnico de Tirán Pereira, José Ángel Cambados, analiza a pretempada do conxunto galego e propón igualar o resultado da tempada pasada

Pouco a pouco achégase a data do inicio da Liga San Miguel, onde as doce mellores traiñeiras comezarán a dar paladas e a vogar pola Coroa CaixaBank. Os remeiros de Tirán Pereira, ao mando de José Ángel Cambados, levan meses a traballar para chegar nas mellores condicións e loitar cara a cara coas traiñeiras máis destacadas. O adestrador do Grove di que, "estamos traballando máis que o ano pasado e estamos tranquilos con que o noso rendemento será o axeitado". No apartado de incorporacións, José Ángel Cambados indica que, "tivemos dez altas de remeiros con moitas experiencia". Porén, o preparador menciona que, "o bloque do ano pasado mantense".

O técnico é positivo e indica que, "tanto en augas calmadas coma no mar, somos unha tripulación que rema ben", mais aínda están corrixindo "xestos que cada remeiro fai ao seu xeito, porén, a ideoloxía esta clara". Cambados afirma que os favoritos para levaren a Coroa CaixaBank son, "NT2 Hondarribia, Urdaibai Avia, Orio Babyauto e Kaiku Producha", pero como moitos adestradores é consciente de que, "tras desas embarcacións, ábrese un abano moi grande de traiñeiras onde nos atopamos nós, a fin de contas, a parte media da táboa estará moi igualada".

En canto ao obxectivo da tempada de Tirán Pereira, o preparador pretende, "igualar os resultados da tempada pasada, pero non temos que esquecer que o primordial é lograr a permanencia". Unido a isto, José Ángel Cambados expresa que, "a clave para facer un bo papel na Liga San Miguel será a regularidade e que non haxa ningún traspés". 

Voltar