ACT TV 2019

ESPECIAL

09 Set 2019

A batalla final, ao ritmo do teu corazón

A batalla final, ao ritmo do teu corazón

A Coroa CaixaBank e os playoffs da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren, en xogo na derradeira fin de semana da tempada

Nesta fin de semana a tempada de remo chega ao seu remate e vén cargada de emoción coa desputa das derradeiras regatas en Bermeo e en Portugalete. Por unha banda, falta por saber quen erguerá cara o ceo a Coroa CaixaBank, se ben Orio Babyauto conta con 15 puntos de vantaxe con respecto ao seu inmediato perseguidor que é GO fit Hondarribia. 

Por outra banda, desputaranse os playoffs de ascenso da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren no vindeiro sábado e domingo. No caso da regata masculina, San Pedro, Zarautz Babyauto, CR Ares, Deusto Bilbao e SD Tirán loitarán por conseguiren as dúas prazas que darán dereito a remar na máxima categoría na próxima tempada. En canto á regata feminina, Hondarribia Bertako Igogailuak, Hibaika Jamones Ancín e Zumaia Salegi Jatetxea serán as traiñeiras que pugnen por ese cuarto billete da Liga Euskotren. 

Xa comezou a conta atrás e é claro que na vindeira fin de semana a emoción, adrenalina e nerviosismo baterán ao ritmo do teu corazón. 

Voltar