Novas 2022

COMPETICION

14 Ago 2022

A Bandera CaixaBank de novo para Hondarribia

A Bandera CaixaBank de novo para Hondarribia A Bandera CaixaBank de novo para Hondarribia

Coa súa vitoria en augas de Castro-Urdiales, a Ama Guadalupekoa acurta un punto na xeral a Urdaibai e colócase a tres puntos

Matrix Hondarribia suma unha nova bandeira tras gañar a X. Bandeira CaixaBank por diante de Urdaibai e Amenabar Donostiarra Ur Kirolak 100. Os donostiarras marcaron o mellor tempo da bandeira nos dous primeiros longos até que a Ama Guadalupekoa se colocou en primeira posición para pasaren a dominar no terceiro e no último longo. Daquela, os pupilos de Orbañanos cruzaron a liña de meta con 5" sobre a Bou Bizkaia e 6" sobre a Torrekua II.

Con estes resultados, Hondarribia acurta un punto na xeral a Urdaibai acadando os 146 puntos frente os 149 da Bou Bizkaia. Mentres, Donostiarra mantén a terceira praza con 144 puntos e a San Nikolas é cuarta con 129 puntos. Na parte baixa da xeral, Ares segue sen afastarse da última posición con 43 puntos e o posto de playoff de descenso pasa a ser para Lekitarra Elecnor con 54 puntos, mentres que a Sotera se afasta desa posición sumando 59 puntos.

Dobre vitoria de Orio na Bandeira CaixaBank
Orio Orialki gañou a súa 10ª bandeira da tempada nun final moi axustado frente Donostia Arraun Lagunak na VII Bandeira CaixaBank. Con esta vitoria, a San Nikolas acada os 46 puntos e suma a súa 3ª Liga EuskoTren. Pola súa banda, Arraun Lagunak fica nos 38 puntos na segunda praza cando restan dúas xornadas por diante. 

Na loita pola permanencia, na VII Bandeira CaixaBank Tolosaldea foi 3ª e recupera un punto respecto a Nortindal Donostiarra Ur Kirolak 100.  Porén, na xeral Donostiarra é 3ª con 19 puntos frente os 17 de Tolosaldea.

Voltar