Novas 2013

COMPETICION

04 Xu˜ 2013

A BANDEIRA EUSKADI BASQUE COUNTRY ENCETA A LIGA SAN MIGUEL EN BARCELONA

A BANDEIRA EUSKADI BASQUE COUNTRY ENCETA A LIGA SAN MIGUEL EN BARCELONA

Deporte, traíñas, cultura, tradicións, gastronomía, música…  o mellor de Euskadi amosarase os días 14, 15 e 16 de xuño á beira da praia San Sebastián da Barceloneta, en Barcelona, nun evento que ten como fin promover o deporte do remo, as traíñas e Euskadi como destino turístico.

A Bandeira Euskadi Basque Country foi presentada esta mañá na sede do Goberno Vasco en Donostia e a cita estivo presidida pola Sra. Itziar Epalza, Viceconselleira de Comercio e Turismo do Goberno Vasco, o Sr. Victor Oroz, Viceconselleiro de Agricultura, Pesca e Política Alimentaria, e o Sr. Pedro Andueza, presidente da ACT.

 

A iniciativa liderada polo Goberno Vasco e Cervexas San Miguel ten como eixo a Bandeira Euskadi Basque Country que se ha celebrar en augas barcelonesas o 16 de xuño e dará a voz de arranque á Liga San Miguel de traíñas Coroa “La Caixa”. Arredor deste evento deportivo Basquetour (Axencia Vasca de Turismo) e a Viceconsellería de Agricultura, Pesca e Política Alimentaria, xunto Cervexas San Miguel, a ACT, e diversos axentes de Cataluña e Euskadi organizaron numerosas actividades lúdicas, culturais e festivas dirixidas ao público xeral.

 

O punto de partida desta fin de semana de Euskadi en Barcelona, foi a Bandeira Euskadi Basque Country. A primeira regata da liga San Miguel 2013 – Coroa “La Caixa” celebrarase en augas de Barcelona

 

Parte do campo de regatas que o domingo acollerá a liga San Miguel, no sábado será lugar de encontro para os llaüts, traíñas tradicionais mediterráneas, que tamén competirán entre si. 

 

San Miguel organizou ademais concertos, competicións de ergómetros e unha ampla zona de lecer.  

 

Máis información sobre a regata e as actividades no dossier de regata publicado na web da ACT, www.ligasanmiguel.com, no apartado calendario, 1 Bandeira Euskadi Basque Country.

Voltar