Novas 2022

COMPETICION

15 Set 2022

A Bandeira El Corte Inglés porá a guinda a unha tempada espectacular

A Bandeira El Corte Inglés porá a guinda a unha tempada espectacular A Bandeira El Corte Inglés porá a guinda a unha tempada espectacular

A última bandeira da tempada entregarase no campo de regatas de Portugalete, antes da entrega da Coroa CaixaBank aos campións da Liga Eusko Label 

Neste domingo decorrerá á derradeira xornada da tempada na Liga Eusko Label. En Portugalete desputarase primeiro a segunda xornada dos play offs tanto da Liga Euskotren como da Liga Eusko Label, así como a LII GP- XLVIII Bandeira El Corte Inglés - Concello de Portugalete – 700 Aniversario- coas oito mellores tripulacións da competición masculina. Tal como está aprobado pola Asemblea da ACT, esta última bandeira desputarase na modalidade de contra o reloxo sempre e cando tras da desputa da xornada do sábado, a diferenza na clasificación entre os dous primeiros clasificados sexa de tres puntos ou inferior. 
 
Esta mañá presentouse a xornada do domingo no Concello de Portugalete, coa presenza do Alcalde da localidade Mikel Torres, Carmelo Lezana Xefe de Relacións Externas de El Corte Inglés no País Vasco e Borja Rodrigo, Presidente da ACT. 
 
En palabras do presidente Borja Rodrigo, "para a ACT é o mellor xeito de rematar unha tempada tan especial como esta, a vixésima tempada da Liga Eusko Label. Ademais, finalizar coa máxima igualdade deportiva e facelo neste histórico campo de regatas para a competición, é moi especial". 
 
Carmelo Lezana indicou que o remo é unha parte importante do patrocinio de El Corte Inglés, e apoiar a Liga Eusko Label e en Portugalete, é o mellor xeito. Segundo Lezana, a ría dá a posibilidade de vivir as regatas dunha forma diferente.
 
Por último, o alcalde Mikel Torres sinalou que "é un día marcado para a vila. É especial que a tempada de regatas finalice na nosa ría, e que os deportistas poidan celebrar as súas últimas padas nun contorno festivo como o que se vivirá neste domingo". 

Voltar