ACT TV

04 Abr 2020

A ACT segue a traballar para un verán de regatas

A ACT segue a traballar para un verán de regatas

Os clubs suman forzas e aproban en asemblea telemática o deseño do calendario 2020

Esta mañá tivo lugar a segunda sesión asemblearia do ano para os socios da ACT. Neste caso, os representantes dos 12 clubs da Eusko Label Liga e os membros da Xunta Directiva reuníronse de xeito telemático dende os seus domicilios.

No que era o punto principal da orde do día, os socios da Asociación debateron sobre os pasos a seguir pola ACT á espera de que se solucione a coxuntura actual causada polo virus COVID-19. Neste sentido, a ACT e os clubs que a conforman, son conscientes de que a actual situación é moi complexa e solidarízanse con todas as persoas que están a sofrer durante estas duras semanas. Tamén, a Asociación amosou a súa plena intención de que as traiñeiras volten navegar este verán, en se dando as condicións sanitarias apropiadas para a práctica do deporte.

Para seguir a avanzar na preparación da tempada, os socios aprobaron un calendario de 19 xornadas, con data de inicio o 28 de xuño coa desputa da VIII Bandeira CaixaBank (lugar aínda por determinar). Haberá un prazo de dúas semanas mínimas de actividade normal dos clubs previa á desputa da primeira xornada do campionato. No caso de non se poderen garantir esas dúas semanas, o comezo das competicións pasará á seguinte fin de semana determinada no calendario.

Para lle dar validez á competición realizada, terán que se desputar un mínimo de 12 xornadas puntuábeis (+2 de playoff) da Eusko Label Liga, e 8 xornadas puntuábeis (+2 de playoff) da Euskotren Liga. No caso de que fose necesario, para chegar ao mínimo estabelecido para lle dar validez á competición regular, a ACT aprobou poder alongar a tempada unha fin de semana máis (até o 26 e 27 de setembro).

Para rematar, os clubs decidiron continuar a se reuniren cada 15 dias para faceren un seguimento da situación e traballar en consecuencia.

Voltar