Novas 2026

ESPECIAL

24 Xul 2026

A ACT reorganiza as infraestructuras en terra para a xornada de mañá e mantén a competición despois de avaliar a seguridade na auga

A ACT reorganiza as infraestructuras en terra para a xornada de mañá e mantén a competición despois de avaliar a seguridade na auga

A saúde e integridade dos e das deportistas prevalecerá sobre calquera outro criterio na hora de confirmar o inicio das regatas.

A Asociación de Clubes de Traiñeiras (ACT) informa de que, tras analizar os máis recentes partes meteorolóxicos que prevén condicións adversas para a xornada de mañá, sábado, decidiuse adaptar o dispositivo do evento para garantir a seguridade do público e a loxística no campo de regatas.

Ante a previsión de mal tempo, a organización optou por suspender as estructuras temporais e os espazos de protocolo. Deste xeito, non se instalará a Fan Zone, nin a tribuna de convidados, nin se disponibilizará o barco de autoridades. Manterase únicamente a tribuna técnica, imprescindíbel para o control da arbitraxe, a cronometraxe e a retransmisión.

Pola súa banda, e á espera de confirmación coas condicións climatolóxicas que deparen mañá, a competición deportiva mantense segundo o previsto. Os informes marítimos actuais confirman que as condicións do mar permiten o desenvolvemento da proba garantindo a integridade física das tripulacións. A ACT quere deixar claro que a saúde e seguridade dos e das deportistas é e será sempre a máxima prioridade: baixo ningún concepto se exporá os remeiros e remeiras a situacións de risco para privilexiar a realización do evento.

O comité técnico e os xuíces de mar realizarán unha avaliación continua do estado do mar até o último momento previo á saída, preparados para tomaren as decisións oportunas se as condicións empeorasen e puxesen en perigo os competidores e as competidoras.

A ACT quere salientar a profesionalidade dos clubs, así como a do equipo de balizamento, e agradece a comprensión das siareiras e siareiros, e dos patrocinadores ante estes reaxustes organizativos. Calquera novidade será comunicada de inmediato através das canles oficiais.

Voltar