Novas 2016

ASOCIACION

15 Mar 2016

A ACT reúnese sábado en Hondarribia

A ACT reúnese sábado en Hondarribia

Os principais temas da Asemblea serán a aprobación dos orzamentos, así como, a do calendario da Liga San Miguel

Os socios da Asociación de Clubs de Traiñeiras reuniranse este sábado 19 de marzo a partir das 10:00 horas no Hotel Jauregi situado na localidade de Hondarribia, para celebrar unha nova Asemblea na que se discutirán distintos temas.

Entre os puntos máis importantes atópase a aprobación dos orzamentos para esta tempada e o calendario da Liga San Miguel 2016, onde os 12 clubs loitarán nun intenso verán por se facer coa Coroa CaixaBank.

Voltar