Novas 2016

ASOCIACION

19 Mar 2016

A ACT preparada para o verán

A ACT preparada para o verán

O orzamento e o calendario da Liga San Miguel 2016 é aprobado polos socios

Esta mañá na localidade guipuscoana de Hondarribia, no Hotel Jauregi concretamente, celebrouse unha nova Asemblea na que se discutiron varios temas como a aprobación tanto do orzamento como do calendario da Liga San Miguel 2016. No que respecta ao orzamento aprobado, a cifra mantense nun millón de euros, dos cales 200.000 euros destinaranse a premios.

Tamén se aprobou o calendario da Liga San Miguel 2016, onde unha vez máis 12 embarcacións surcarán os mares e ríos do cantábrico para loitar pola Coroa CaixaBank. O inicio da liga será o 19 de xuño na capital andaluza de Sevilla e tras tres longos meses, as traíñas desputarán un total de 19 regatas. O colofón final da tempada será unha vez mais a XLII Bandeira el Corte Inglés o 18 de setembro. Os encontros destacábeis deste ano centraranse unha vez máis nas regatas galegas de Moaña e Cabo o 23 e 24 de xullo. Ao mesmo tempo, por segundo ano consecutivo, a Liga San Miguel voltará a San Sebastián coa V Bandeira Eusko Label o 10 de xullo. Agosto abrirá coa clásica regata dobre de XXXIX. Zarauzko Estropadak o 13 e 14 de agosto. 

Pola súa banda, a Liga Euskotren voltará ter as súas oito xornadas marcadas no seu calendario. A tempada comezará o 9 e 10 de xullo en Orio e San Sebastián. Cómpre salientar, que apenas a actual campioa San Juan Iberdrola ten o lugar asegurado na competición. As demais tripulacións deberán pelexar por se facer con un dos tres billetes postos en xogo.

Tras finalizar a Asemblea, o vixente campión da Liga San MiguelNT2 Hondarribia, convidou ao resto de socios da ACT a xantar na localidade do Bidasoa.

Voltar