Novas 2021

ASOCIACION

05 Xu˜ 2021

A ACT preparada para arriar a estacha

A ACT preparada para arriar a estacha

Os socios da ACT concretan os últimos detalles para comezar a tempada

Os socios da Asociación de Clubs de Traiñeiras celebraron esta mañá a cuarta sesión asemblearia do ano no Aquarium donostiarra, que á súa vez, é a última sesión ordinaria antes do inicio da tempada. 

Nesta sesión, o Comité Técnico explicou polo miúdo aspectos ligados á competición e á organización das quendas nas regatas, así como as particularidades técnicas do novo campo de regata que se estreará nesta edición da Liga Eusko Label, concretamente, o día 7 de agosto coa desputa da Bandeira Barbanza Arousa na localidade de Rianxo.  

Como é habitual en cada ocasión na que se encontran os socios, tamén se ha aproveitou para informar dos aspectos propios da xestión e administración da Asociación.

Mudanzas para a última xornada
Os socios da ACT aprobaron por unanimidade que a última xornada da Liga Eusko Label se despute nas condicións máis igualitarias posíbeis, para que non interfira no resultado final. 

Para isto, engádese no artigo 11 da normativa da competición un último parágrafo no que literalmente se sinala: <No caso de que chegados á última regata da Liga existise entre o primeiro e o segundo clasificado unha diferenza de tres puntos ou menos, e desputándose a última regata no campo de regatas da Ría de Portugalete (Nervión), esta regata necesariamente realizarase na modalidade de contra o reloxo, con saídas dun a un cada minuto, en dúas quendas de catro traiñeiras.>
 

Voltar