ACT TV 2018

ENTREVISTAS

24 Mar 2018

A ACT navega firme cara unha nova tempada

A ACT navega firme cara unha nova tempada

O calendario e o nomeamento de novos órgaos de competición foron algúns dos temas salientábeis na Asemblea de hoxe en Burgos

A ACT tivo na xornada de hoxe un encontro moi importante, xa que na Asemblea celebrada esta mañá en Burgos, a Asociación puxo rumbo fixo cara a décimo sexta edición da máxima competición de traiñeiras. Para isto, os socios desprazáronse até Burgos. Concretamente á Fábrica de Mahou San Miguel, un aliado que coa súa axuda nos fixo medrar nestes 12 anos de unión. Nun contorno diferente e tras recibir un trato exquisito de todo o equipo de Mahou San Miguel, facendo sentir os socios como na casa, a Asemblea comezou coa aprobación do orzamento, con unha cifra estimada dun millón de euros.

Un dos puntos importantes desta xornada foi o da aprobación do calendario. Un calendario, cómpre sinalar, que este ano chega con importantes novidades. A principal é que voltan ser 19 xornadas as que comporán o calendario da Eusko Label Liga 2018, comezando a batalla pola Coroa CaixaBank o vindeiro 23 ou 24 de xuño en augas de Bilbao, ficando aínda a data por confirmar. A partir dese momento a maquinaria da Eusko Label Liga non parará de navegar, chegando por partida dobre este ano a augas da Coruña onde se porá en xogo a II Bandeira Cidade da Coruña con unha dobre xornada o 7 e 8 de xullo. Outro dos puntos a destacar é que a ACT seguirá con espazo en Cantabria, desta vez da man de CaixaBank e máis do Concello de Castro Urdiales, onde o vindeiro 15 de xullo se desputará a VI Bandeira CaixaBank. A competición, como vén sendo habitual, rematará coa XLIV Bandeira El Corte Inglés en augas de Portugalete o 16 de setembro, momento no que se coroará o novo campión da Coroa CaixaBank.

Outra das grandes novidades para o verán será na Liga Euskotren. Da ACT séguense a dar padas sostíbeis e a traballar día a día en pro da igualdade. Por isto, que a partir desta tempada o calendario da máxima competición feminina pasa de oito a 14 xornadas, comezando con un playoff o vindeiro 31 de xuño e 1 de xullo en Portugalete e Zierbena, e rematando en Zarautz o 18 e 19 de agosto. Sobre outros aspectos ligados directamente coa competición feminina informarase nos próximos tempos.

Por último, procedeuse á aprobación do novo Xuíz de Disciplina e novo Xuíz de Competición. Entón, Tomás González pasa a ser o novo Xuíz de Disciplina. Na súa traxectoria, cómpre salientar que é Vicepresidente Primeiro do Tribunal Español de Arbitraxe Deportiva e da Comisión de Arbitraxe Deportiva do Comité Olímpico Español; Vocal da Comisión Legal de FIBA; ademais de ter sido membro do Tribunal Administrativo do Deporte e antes Presidente da Xunta de Garantías Electorais do CSD. Pola súa banda, Jose María Redondo pasa ser o Xuíz de Competición. Este letrado guipuscoano ten unha ampla experiencia no mundo da avogacía, sendo unha das súas materias principais o dereito deportivo. Por outra banda, Borja e Manolo Sendón deixan de ser os asesores xurídicos da ACT, collendo o cargo Pedro Olmedillo, quen, ademais de ter unha dilatada traxectoria como xurista, leva moitos navegando canda a Asociación.

Daquela, da ACT queremos agradecer a Esther Queraltó, Felix Mercado, Borja Sendón e Manolo Sendón estes anos de profesionalidade e dedicación para e pola Asociación, desexándolles aa mellor das sortes no futuro.

Unha vez rematada a Asemblea, os socios puideron gozar dunha pequena visita guiada, concluíndo coa degustación de comida castellana da man de Mahou San Miguel.

Voltar