ACT TV

ENTREVISTAS

25 Xan 2021

?A ACT é marca de garantía?

?A ACT é marca de garantía?

Borja Rodrigo afronta a súa terceira lexislatura á frente da Asociación

Na Asemblea celebrada o sábado pasado, os socios voltaron depositar a súa confianza en Borja Rodrigo para que siga a liderar a ACT. Deste xeito, o de Bilbao asume a súa terceira lexislatura á frente da Asociación. Para estes dous novos anos de mandato, Rodrigo contará coa axuda de Pedro Olmedillo, Txema Vizcaíno e Jon Artola, que pasan a formaren a Xunta Directiva da ACT.

O biscaíno amósase “agradecido por ter a oportunidade de seguir a traballar por e para un proxecto tan bonito como é a ACT”. Rodrigo comenta que “o apoio recibido por parte das institucións públicas e privadas, unidas ao bo facer dos clubs e os seus remeiros e remeiras, fan con que ano a ano poidamos seguir a afrontar coa mellor garantía, solidez e solvencia unha competición que xa é un referente dentro do mundo do deporte”.

A respecto da vindeira tempada de remo, o Presidente admite que voltará estar marcada pola pandemia, mais “malia que vai ser diferente, manteremos o ADN da competición”.

Voltar