Novas 2021

ASOCIACION

31 Mar 2021

A ACT e a Mancomunidade Barbanza Arousa, xuntas para catro tempadas

A ACT e a Mancomunidade Barbanza Arousa, xuntas para catro tempadas

A ACT formaliza un convenio de colaboración coa Mancomunidade Barbanza Arousa para catro tempadas

A ACT e a Mancomunidade da Barbanza Arousa, formada por Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira, selan un acordo para que a comarca galega sexa escenario da Liga Eusko Label no 2021 e prorrogábel para outros 3 anos.

Cada tempada, a Mancomunidade escollerá de maneira rotatoria o municipio que acolla a Liga Eusko Label e, tras da aceptación da ACT, irase en escenario da máxima competición do remo de banco fixo. Malia Rianxo ser un campo inédito na ACT, tanto Boiro como Ribeira xa teñen acollido xornadas da Liga Eusko Label, convirtíndose en encontros moi aprezados por parte da afección remeira por todo o abano cultural e gastronómico que ofrece a comarca de Barbanza Arousa.

Rianxo, primeira vez na historia da ACT 

A I Bandeira Barbanza Arousa será histórica para a ACT. No sábado 7 de agosto a Liga Eusko Label desembarcará, por primeira vez dende a creación da competición, en Rianxo. A localidad barbanzá é coñecida na Liga Galega de Traiñeiras, mais o campo de regatas da xornada da Liga Eusko Label Liga será inédito, cunha proposta dende o espigón novo rumbo sur.  

Borja Rodrigo, presidente da ACT, destaca a “especial ilusión” de asinar un acordo desta índole con Barbanza Arousa, ademais da “estabilidade que outorga selar para catro anos que a Ría de Arousa sexa escenario da Liga Eusko Label”. Adolfo Muíños, presidente da Mancomunidade, sinala a importancia desta unión: “Pensamos que acadamos na comunidad unha dimensión, a nivel de difusión, de primeira magnitude. É unha aposta moi importante para a Barbanza Arousa”. 
 

Voltar