Novas 2013

ESPECIAL

08 Xu˜ 2013

A ACT CELEBRA O SEU X ANIVERSARIO NO KURSAAL DE DONOSTIA

A ACT CELEBRA O SEU X ANIVERSARIO NO KURSAAL DE DONOSTIA

O Palacio Kursaal de Donostia acolleu neste sábado a festa de apertura da Liga San Miguel – Coroa “La Caixa” 2013.

Punta de lanza dunha tempada especial. A Asociación de Clubs de Traíñas fai o seu X aniversario e inicia esa celebración lembrando os protagonistas da tempada 2012. A Gala, presentada por Sandra Sabatés (La Sexta) e Xavier Usabiaga (ETB), premiou aos deportistas, clubs e afeccionados máis salientábeis da pasada tempada:

 

REMO Á TRAÍÑA MÁIS RÁPIDA DA LIGA SAN MIGUEL 2012:

· Entrega o premio Josu Ruiz, concelleiro de Deportes do Concello de Donostia

· Remo a Kaiku Ambilamp por acadar unha media de 4,82 m/sg na 1ª xornada da Bandeira de Astillero, 17´4 km/h.

 

REMO AO MÉRITO DEPORTIVO DA LIGA SAN MIGUEL 2012:

· Entrega o premio o Sr. Jon Redondo, Director de Deportes do Goberno Vasco.

· Remo a Castro, Hondarribia, Pedreña e Urdaibai socios fundadores da ACT que permaneceron na Asociación durante os 10 anos ininterrumpidamente.

 

REMO Á MELLOR CANTEIRA DA LIGA SAN MIGUEL 2012:

· Entrega o premio o Sr. Iñigo Alkain, Presidente da Federación Gipuzkoana de Remo.

· Remo a Zumaia por utilizar unha media de 12 deportistas canteiráns na traíña por regata.

 

REMO AO MELLOR ADESTRADOR DA LIGA SAN MIGUEL 2012:

· Entrega o premio José Mari Arbelaitz, cocinero del Restaurante Miramón Arbelaitz.

· Remo para Mikel Orbañanos de Hondarribia Orsa.

 

REMO Á MELLOR ORGANIZACIÓN DE REGATA DA LIGA SAN MIGUEL 2012:

· Entrega o premio o Sr. José Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galiza.

· Remo para Hondarribia.

 

REMO AO MELLOR PATRÓN DA LIGA SAN MIGUEL 2012:

· Entrega o remo Juan Pedro Badiola, Director Xeral Territorial de Mapfre.

· Joseba Amunarriz é o gañador do Trofeo, título que conseguiu dirixindo a traíña Hondarribia Orsa.

 

REMO Á AFECCIÓN MÁIS SALIENTÁBEL DA LIGA SAN MIGUEL 2012:

· Entrega o remo Carlos Cubillo, Representando a Cervexas San Miguel.

· Premio para a afección de San Pedro.

 

 

REMO HONORÍFICO:

· Entrega o premio Pedro Andueza, presidente da ACT.

· Premio á ETB polo seu labor no mundo das traíñas. Un dos piares da ACT e da súa competición, a Liga San Miguel. Coas súas excelentes producións fixo que este magnífico deporte dera un salto de calidade na última década.

 

A Asociación de Clubs de Traíñas (ACT) fai xa o seu décimo aniversario, efeméride importante onde as haxa para seguir levando o remo a cotas cada vez máis altas. Faino da man dos seus dous grandes patrocinadores, CERVEXAS SAN MIGUEL e LA CAIXA, fundamentais no noso crecemento.

 

Nos anos anteriores a Gala celebrábase unas semanas antes do comezo da Liga San Miguel, pero este ano ese periodo só vai ser dunha semana. Porque a Liga non deixa de medrar na procura de novos escenarios, na expansión dun deporte tradicional onde os haxa, e dá un chimpo de mar a mar para comezar a competición no Mediterráneo. Probabelmente, nunha das cidades máis bonitas que baña este mar. Barcelona. Apenas falta unha semana para que a competición bote a andar nun escenario incomparábel.

 

A edición deste ano consta de 19 xornadas, todas puntuábeis, que se desenvolverán entre o 16 de xuño e o 15 de setembro. De Donosti moverémonos a Barcelona, de alí a Laredo e a moitas outras vilas costeiras, para rematar en Portugalete coa prestixiosa Bandeira El Corte Inglés, cando o outono avise de que o verán vai indo. Cita especial a de Sanxenxo, o 6 de xullo. Será a 4ª proba puntuábel da Liga San Miguel, e a caravana remeira fará parada e fonda por primeira vez no municipio turístico por excelencia de Galiza.

 

A Liga Euskotren tamén vai acumulando anos, e este ano fará a quinta edición. Igual que na pasada tempada, constará de 7 bandeiras en 8 xornadas. Pedreña acollerá a primeira regata, o 13 de xullo, e Zarautz porá a guinda á competición coa súa Ikurriña a dobre xornada, o 17 e 18 de agosto.

 

CERVEXAS SAN MIGUELpremia coa competición o esforzo e a dedicación dos deportistas, dos valores que sempre estiveron presentes na evolución da cervexeira. A Liga San Miguel de Traíñas tamén demostra o seu compromiso coas tradicións e coa historia da zona norte da península, dando apoio a un dos deportes máis antigos e con maior tradición na cornixa cántabro-atlántica. Tradición que inclue os miles de asistentes ás regatas a gozaren dun ambiente festivo.

 

Con este patrocinio, la CAIXA reforza a súa presenza e apoio aos deportistas, ao deporte en xeral e aposta sen reservas polos valores que a práctica deportiva implica, coa que comparte principios e valores, como o esforzo, a dedicación e o compromiso.

Canda San Miguel, La Caixa e Euskotren, cómpre engadir á competición a presenza de patrocinadores como Ambilamp, colaboradores como El Diario Vasco e El Correo. Hai que salientar tamén a presenza dos patrocinadores de regatas: Euskadi Basque Country, Sanxenxo, Eusko Label, Concellos de Getxo e Zarautz, e El Corte Inglés.

 

ETB e TVG retransmitirán íntegramente as 19 regatas puntuábeis da Liga San Miguel – Coroa “La Caixa”. Poden consultar o calendario da competición e os planteis dos 12 clubs na páxina web da Asociación: www.ligasanmiguel.com actualizada recentemente.

Voltar