Novas

ASOCIACION

30 Mai 2020

A ACT aproba os piares da tempada

A ACT aproba os piares da tempada

Orzamento e calendario foron aprobados por unha ampla maioría dos clubs socios da ACT

Os socios da ACT celebraron esta mañá a terceira sesión asemblearia da tempada,  sendo a última sesión ordinaria antes do comezo da tempada estival de remo. Os clubs sumaron forzas frente esta situación para levar adiante unha tempada de remo.

Nesta sesión, á espera da necesaria autorización para comezaren cos adestramentos grupais na auga, os socios chegaron a acordo cun calendario de 18 xornadas, pasando a VIII Bandeira CaixaBank a se desputar durante o mes de xullo. Así, o teórico inicio da tempada de remo tería lugar coa IV Bandeira Cidade da Coruña, os días 4 e 5 de xullo. A competición feminina, pola súa parte, constaría de 12 xornadas.

O orzamento presentado pola Xunta Directiva para a actual tempada foi aprobado con visto bo do seo da Asemblea, posibilitando deste xeito a viabilidade da campaña. En outra orde de cousas, os clubs decidiron non alterar ningún dos aspectos da normativa de competición, garantíndose o rigor e o nivel da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren.

Por último, tamén se lle deu luz verde ao Protocolo de Actuación contra o COVID-19 no que continuan a traballar os Servizos Médicos da ACT en colaboración cos médicos dos clubs socios.

Voltar